Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 22 de setembro de 2000 Páx. 13.288

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 30 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores 230/00-I e 375/00-I, relacionados no anexo, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalará de seguido, a proposta de resolución do correspondente expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 21 de decembro de 1998 (DOG nº 1, do 4 de xaneiro de 1999) da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 1999 ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para poderen examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións, e os documentos, informacións ou proposta de probas que considere convenientes na defensa dos seus dereitos segundo o establecido no regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o conselleiro de Medio Ambiente de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta número 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia, presentándoos en calquera entidade bancaria.

Ourense, 30 de agosto de 2000.

Miriam Areal López

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: 230/00-I.

Denunciado: Domingo de la Torre Dargamale.

DNI: 35.788.579.

Derradeiro enderezo coñecido: Lugar de Forcadas, s/n-Chandrexa de Queixa-Ourense.

Feitos denunciados: realizar sete tentativas de lume sen estar en posesión da correspondente autorización.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 b), 138 c) do Regulamento do 23 de decembro de 1972, en relación coa Resolución do 21 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

Sanción: 250.000 ptas.

Expediente: 375/00-I.

Denunciado: Manuel Corral Naval.

DNI: 34.438.779.

Derradeiro enderezo coñecido: r/ Fonte do Monte nº 9 Ourense.

Feitos denunciados: queima sen autorización en época de máximo perigro sendo pastos das chamas sobre un área de superficie arboreda con piñeiros entre 30 e 35 anos de idade, afectando coma danos nun poste do tendido eléctrico e un anaco de panal carbonizado dun avesporeiro.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 138 a) do Regulamento do 23 de decembro de 1972, en relación coa Resolución do 21 de decembro de 1998, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

Sanción: 100.000 ptas.