Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 22 de setembro de 2000 Páx. 13.289

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2000 pola que se anuncia concurso público aberto para a contratación de asistencia técnica de organización de redes de cooperación interempresarial.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación de asistencia técnica de organización de redes de cooperación interempresarial.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro s/n 15703 Santiago de Compostela, telf: 981 54 11 01, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: CP nº 15/2000.

2. Obxecto do contrato: asistencia técnica de organización de redes de cooperación interempresarial.

Prazos de execución e vixencia: celebraranse 5 redes, divididas nun máximo de 25 reunións, das que ata un máximo de 10 se celebrarán no ano 2000 e as restantes no ano 2001, nas datas e lugares de mutuo acordo establecidas entre o Igape e o adxudicatario, con polo menos un mes de antelación á data de celebración pactada. A vixencia da contratación esténdese ata o 31 de decembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 12.000.000 de ptas. (doce millóns de pesetas), IVE incluído, orzándose o prezo/hora reunión nun máximo de 60.000 ptas., IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación (240.000 ptas.).

6. Clasificación: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Enderezo: barrio de San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo quinto día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do remate do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das ofertas.

9. Variantes: admítense variantes sobre metodoloxía proposta, sistemas de garantía de calidade, melloras e prezos.

10. Apertura das ofertas: en acto público ás 11 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 11 horas do décimo día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas. Na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica