Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 22 de setembro de 2000 Páx. 13.280

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV Mesón-Vimianzo, apoios 1-31 e 32-final, nos termos municipais de Carral, Mesía, Ordes, Cerceda, A Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas, Vimianzo (A Coruña). (Expediente 228/1999).

Examinado o expediente instruído a pedimento da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo para efectos de notificación en Avda. de Arteixo 171, 15007 A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 30 de xullo de 1999, a citada empresa solicita a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública da citada instalación; presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

Liña de alta tensión aérea a 220 kV de 63.320 m, en conductor LA-455-Condor/Duplex cun só circuíto de 454,5 mm de sección e cable de fibra óptica/terra OPGW de 64 fibras, con orixe na subestación de Mesón do Vento, e cun percorrido de 2.382 m formando unha liña de dobre circuíto coa liña existente subestación Mesón do Vento-subestación Santiago II, ata o apoio nº 7, desde aquí ó apoio nº 170, un simple circuíto nunha lonxitude de 58.625 m, e desde o apoio nº 170 ata a subestación de Vimianzo, en dobre circuíto cunha lonxitude de 2.313 m; discorrendo polos municipios de Carral, Mesía, Ordes, Cerceda, A Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas, Vimianzo.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña someteu o citado proxecto de instalacións, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, a trámite de información pública mediante Resolución do 25 de agosto de 1999, publicada no DOG do 17 de setembro, BOP da Coruña do 15 de setembro e no diario La Voz de Galicia do 14 de setembro, nos taboleiros de anuncios dos concellos de Carral, Mesía, Ordes, Cerceda, A Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas, Vimianzo e na Delegación Provincial da Coruña.

Terceiro.-Con data do 10 de abril de 2000 a citada empresa presenta solicitude de modificado de proxecto entre os apoios nº 170 e 176 da dita liña de alta tensión dun circuíto sinxelo a dobre circuíto.

A petición someteuse a información pública, coa relación de bens e dereitos afectados, mediante Resolución do 11 de abril de 2000, publicada no DOG do 26 de abril, BOP da Coruña do 28 de abril e no diario La Voz de Galicia do 20 de abril.

Cuarto.-A delegación provincial notificou individualmente as mencionadas solicitudes a cada un dos interesados que figuran na dita relación, no caso de titulares descoñecidos ou de enderezo ignorado, e deu traslado das actuacións ó Ministerio Fiscal.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Quinto.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública, formuláronse as seguintes alegacións:

1. Isolina Louro Candal (predio nº 35F) e Manuel Candal Louro (predio 54B), manifesta a súa desconformidade coa oferta monetaria ofrecida pola empresa.

2. Carmen Candal Pazos e Milagros Candal Pazos (predios nº 51, 51A, 52B e 52C). Solicitan cambio de titularidade ó seu favor e piden unha variación de trazado ou aproveitamento dos trazados existentes.

3. Mercedes Gómez Seijas (predios nº 76 e 77). Indica a súa intención de edificar e que a perda de valor do terreo é cuantiosa.

4. Dolores Mariño Veiras (predios nº 79, 80, 81, 82, 83, 84 e 85), Jesús Veiga García (predio nº 941), José García Mallou (predios nº 962 e 963H) Carmen García Mallou (predio nº 992) e Nieves García Castro (predios nº 1011 e 1013). Solicitan fotocopia do plano parcelario para recoñece-los seus predios.

5. José Manuel Mosquera Orgueira (predio nº 133), José Fraga Fraga (en representación de Preciosa Fraga Liñares, predios nº 158, 166 e 175), José Muíño Viña (predio nº 159), Manuel Mosquera Mosquera (en representación de Manuel Mosquera Regueira, predio nº 159B, 189, 191A, 192 e 172), Ricardo Mosquera Mosquera e irmáns (predios nº 160, 161, 162, 164, 167, 167A e 184), Manuel Boquete Orgueira (predios nº 168, 177, 179 e 183), José A. García Lozano (predio nº 170), Julio López Bestilleiro (en representación de hros. José López Santos, predio nº 186), Jesús Castro Gende (en representación de Mª del Carmen Castro Gende, predios nº 190, 191C e 194D), Eugenio Becerra Muíño (predios nº 191B, 194, 195A e 205A), Eduardo Darriba Fuentes (predio nº 191), José Corral Deus (predios nº 201, 208, 209, 210A, 222, 231 e 234), Antonio Corral Villaverde (predios nº 214B e 245), Jesús Campos Fuentes (en representación de Antonio Campos Castro, predios nº 219, 221, 230, 240 e 245A), Manuel Fraga Bello

(predio nº 246), Primo Iglesias Suárez (predios nº 247 e 248), Josefa Fraga Gómez (predios nº 269 e 270), Jesús Becerra Mosquera (en representación de Encarnación Cabeza Costa, predio nº 285), Gumersindo Cabeza Costa (predios nº 290 e 313), José Patiño López (predios nº 350 e 373), Genaro Patiño Otero (predios nº 351), Jesús Reimúndez Rodríguez (predios nº 355, 375B, 389, 391, 392 e 393), Oribio Tasende Reimúndez (predios nº 369, 370, 371, 372, 372A, 375, 376 e 377), Generoso Liñares Mallo (predios nº 378, 379, 380, 381, 382, 383, 384, 385B, 396 e 405), Carmen Pallas Martínez (predio nº 390), José Loureiro Martínez (predios nº 394, 395 e 395B), Herminia Loureiro Martínez (predios nº 399, 400 e 401), Francisco Tasende Rodríguez (predio nº 411), Manuel Iglesias Míguez (predios nº 412 e 413), Jesús Liñares Liñares (predios nº 428, 429 e 436), Dorinda Liñares Liñares (predio nº 434), Gumersinda Pereiro Souto (predios nº 439B e 430), Jesús Carracedo García (en representación de Cándido

Carracedo Brandon, predio nº 460), Rogelio Pérez Buño (predio nº 460B), Manuel Lorenzo García (predio nº 787), Manuel Pena Guillín (en representación de Manuel Pena Beres, predio nº 812), Pilar Álvarez Pérez (predio nº 818), Lucinda Facal Andrade (predio nº 855A), Isabel Álvarez Rodríguez (predio nº 862), Julio Pérez Calvo (predio nº 863), Ernestina Rodríguez Negreira (predio nº 864), Amparo Cousillas García (predio nº 869), Asunción Lareo Álvarez (predio nº 871), Herminda Lareo Álvarez (predio nº 874), Esmeralda Nieto Mira (predios nº 875, 896 e 922), Manuel Cuns Gerpe (predio nº 875A), Manuel González Abe

lenda (predio nº 890A), Benigna Moreira Negreira (en representación de Lino Lorenzo Santos, predio nº 895), Obdulia Calvo Amarelle (predio nº 900), Esmeralda Nieto Mira (en representación de Antonio Santos Mira, predios nº 903, 915 e 897), María Castro Souto (predio nº 917), José Antonio Mallón Negreira (predios nº 919A, 910, 920 e 926), Antonio Lema Rial (predio nº 954), José Manuel Raña López (predios nº 211, 218, 232 e 241), Jesús Campos Fuentes (en representación de Manuel Campos Fuentes, predios nº 212, 213, 235, 236 e 237), Ángeles Liste Queijas (predio nº 243), Manuel Fraga Bello (en representación de José Fraga Bello, predio nº 246A), Manuel Santos Pallas (predio nº 274B), Evaristo Santos Pallas (predio nº 276A), Amparo Cotelo Tuset (predios nº 349 e 358), José Esmorís López (predios nº 363 e 406), Rafael Iglesias Viña (predios nº 409, 409B, 425 e 426), Eladio Esmorís López (predio nº 438), Eladio Bértoa Souto (predios nº 438, 441 e 442), Rosalía Calvo Lamas (predios nº 443 e

444), José María Costa Lorenzo (predios nº 443, 444, 445, 446, 447 e 448B), José Calvo Lamas (predios nº 443, 444 e 451), Rufina Fernández García (predios nº 1022, 1025, 1026, 1032 e 1033), Ricardo Fraga Bermúdez (predios nº 353 e 365), Ventura Martínez Pallas (predio nº 367B), María Liñares Liñares (predios nº 432 e 433), Jesús Reimúndez Rodríguez (predios nº 355, 375B, 389, 391, 392 e 393), Manuel Rodríguez Muíños (predio nº 385), Eduardo Bermúdez Lamas (predios nº 386, 387, 388, 405 e 405C), Felisa Loureiro Martínez (predios nº 397 e 398), José Rodríguez Casas (predio nº 408), Luisa Iglesias Míguez (predios nº 411B, 414 e 415), Francisco Carracedo Puente (predio nº 416), Amalia Iglesias Pereiro (predio nº 421), Carmen Iglesias Pereiro (predio nº 423), Mª Luz da Iglesia Prego (en representación do BNG de Cerceda), Manuel García Fraga (en representación da A.A.V.V. enxebre de Queixas), Alberto Sánchez Regueiro (en representación de A.D.E.G.A.), Evangelina Mosquera López (predio nº

168B), Genaro Patiño Otero (predio nº 351), José Martínez Pallas (predios nº 367 e 367A), Encarnación Iglesias Pereiro (predio nº 431), Alfredo Silveira González (predios 495 e 496) e José Pena Castro (predio 658) poñen de manifesto a súa desconformidade coa tramitación do expediente indicando que non se solicitou informe previo á Administración xeral do Estado, que se abandona a noción de servicio público de subministración de electricidade e que é unha liña directa. Solicitan tamén un cambio de trazado. Por outra banda, manifestan a perigosidade da actividade incluíndo consellos da O.M.S. sobre campos magnéticos e o incumprimento do decreto sobre impacto ambiental. Por último, alegan que son incorrectos os datos relativos ás afeccións dos seus respectivos predios, ós enderezos, ós apelidos.

6. Jesús Castro Gende (en representación de Mª do Carmen Castro Gende, predios nº 190, 191C e 194D) e Eugenio Becerra Muíño (predios nº 191B, 194, 195A e 205A). Manifestan que os predios 191C

e 191B respectivamente están cerradas e con casa ámbalas dúas, sendo a extensión inferior a media hectárea, vulnerándose o art. 25 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro.

7. Rafael Vázquez Casas, Rafael Vázquez Rama, Alicia Vázquez Rama, José Luciano Vázquez Rama e Benedicta Vázquez Rama (predios nº 197, 198 e 199). Alegan que todos eles son copropietarios dos predios. Expoñen que na parte de dous predios que linda co río existe un horto perfectamente valado e cerrado anexo á vivenda familiar. Isto vulnera o art. 57 da Lei 54/1997 e art. 25 do Decreto 2619/1966. Propoñen que a liña de alta tensión pase polo camiño público que linda co predio. A valoración do predio terase que facer tendo en conta as diversas circunstancias que concorren. Nunha parte dun dos predios desenvólvese unha explotación gandeira da que as posibilidades de expansión se verían limitadas. A instalación da liña podería impedi-la construcción das vivendas que se están proxectando.

8. Xenaro Patiño Otero (predio nº 351). Alega sobre as características do seu predio e cre que este lle queda inservible.

9. Obdulia Boquete Orgueira (predio nº 174), José Lema Mourelle (predios nº 1020, 1026B e 1028). Solicitan un cambio de trazado e alegan sobre os prexuízos económicos.

10. Manuel Lista Liñares (predio nº 255), Carlos Lamas Álvarez (predios nº 491 e 492), Carlos Lamas Álvarez (en representación de Luis Lamas Eirís, predios nº 499 e 510). Alega sobre prexuízos económicos e sobre a súa inutilidade para a agricultura.

11. Julio López Bestilleiro (en representación de hrdos. José López Santos, predio nº 186), José Manuel Raña López (predios nº 211, 218, 232 e 241), Jesús Campos Fontes (en representación de Manuel Campos Fontes, predios nº 212, 213, 235, 236 e 237), Ángeles Liste Queijas (predio nº 243), Manuel Fraga Bello (en representación de José Fraga Bello, predio nº 246A), Manuel Santos Pallas (predio nº 274B), Evaristo Santos Pallas (predio nº 276A), Amparo Cotelo Tuset (predios nº 349 e 358), José Esmorís López (predios nº 363 e 406), Rafael Iglesias Viña (predios nº 409, 409B, 425 e 426), Eladio Esmorís López (predio nº 438), Eladio Bértoa Souto (predios nº 438, 441 e 442), Rosalía Calvo Lamas (predios nº 443 e 444), José María Costa Lorenzo (predios nº 443, 444, 445, 446, 447 e 448B), José Calvo Lamas (predios nº 443, 444 e 451), Rufina Fernández García (predios nº 1022, 1025, 1026, 1032 e 1033), José Manuel Costa Fontes (en representación de José Costa Rodríguez, predios nº 294, 309 e

310), Carmen Balboa García (predios nº 469, 471, 472 e 471B), José Suárez Taibo (predios nº 789, 790 e 800A), Juan Manuel Gómez Abelenda (predio nº 890A); Manuel Varela Uña (predio nº 1169). Todos eles alegan sobre un cambio de titularidade.

12. María Pallas Dubra (predio nº 315). Solicita un cambio de trazado e información sobre a afección da liña sobre o predio.

13. Encarnación Iglesias Pereiro (predio nº 431), Alfredo Silveira González (predios 495 e 496), José Pena Castro (predio 658). Alegan que nos seus predios hai edificadas vivendas e que eses predios están cerrados. Solicitan o cambio de trazado.

14. Jesusa Souto Riveiro (predios nº 439C, 456, 458 e 467), Encarnación Riveiro Cabezas (predio nº 457, 461), Dorinda Rama Bolón (predio nº 460A), José Souto Queijo (predio nº 473), Fidel Queijo Castro (predio nº 474A), Jesusa Fraga Brandon (predio nº 477), Dorinda Fraga Brandon (predio nº 478), Jesusa González Campos (predio nº 479), Guillermo García Vázquez (predio nº 481), Jesús González Rodríguez (predio nº 488A), José Periscal Varela (predio nº 493), Alfredo Silveira González (predio nº 496B), hros. Eduardo Canedo (predio nº 496C), hros. Manuel Rodríguez Mallo (predio nº 497/8), Jesús Fraga González (predio nº 502A), Aurora Eirís Rama (predio nº 507/8), José Antonio Queijo Cabeza (predio nº 514A), Agustín Varela Frieira (predio nº 517), Jose Ángel Añón Anido (predio nº 520), Guillermo García Vázquez (predio nº 521), Andrés Serrano García (predio nº 522), María Camean Serrano (predio nº 523), Esther González Pallas (predio nº 529), Ramón A. Cambón Loureiro (predio nº 614 e 657),

José Pena Castro (predio nº 648A), Josefa López Suárez (predio nº 793). Alegan que é unha liña directa e que debe someterse ó ordenamento xurídico normal.

15. Carmen Caamaño Pensado (predio nº 694), Carmen García Núñez (predio nº 921), Roque Lema Varela (predio nº 1046), María Rego Pérez (predio nº 1291D), Marcelino Trillo Andújar 1293B), Antonia Ameijeiras Arjomil (predio nº 1296 e 1310). Indican que a afección do predio é outra.

16. Carmen Suárez Fernández (predio nº 800). Alega posuír máis predios afectados.

17. Inocencia Abelenda Pose (predio 890-A) manifesta que o citado predio non é da súa propiedade senón do seu fillo Juan Manuel Gómez Abelenda.

18. Mercedes Fondo Fondo (predio nº 1124). Pide fotocopia do plano e indica outra afección dos seu predio.

19. Luciano Rey Mariño (predio nº 1136). Alega sobre a súa intención de edificar.

20. Rosa Torrado Amado (predio nº 1248A). Alega sobre a distancia entre o apoio que lle van instalar no predio e a estrada, que incumpre o RLAT.

21. Cristina Lavandeira Pazos (predios nº 1280, 1281, 1282, 1288, 1290 e 1291). Quéixase sobre a corta de árbores da súa propiedade.

22. Manuel Rodríguez Lema (predio nº 1305). Alega que o proxecto carece de avaliación de impacto ambiental e que a liña divide o seu predio en dous.

23. Jesusa Castiñeiras González, Felisa Aldao Tasende e Manuel Martínez Pallas. Alegan sobre a existencia de estudios científicos que establecen unha relación entre o campo magnético creado polas liñas de alta tensión e a aparición de enfermidades en persoas e animais. Tamén anotan que teñen implantado un marcapasos e xuntan un certificado médico oficial que o acredita. Solicitan, así mesmo, que a liña sexa subterránea.

24. Concello de Zas. Alega o seguinte:

a) Na relación de afectados remitida ó concello pola delegación de Industria só figuran 25 propietarios afectados polo paso da liña, cando a relación é bastante superior debido á lonxitude da liña.

b) O trazado da liña é moi próximo a núcleos de poboación existentes.

c) A instalación da L.A.T. estímase como unha obra necesaria só para o interese económico dunha empresa particular.

d) Necesitan dispoñer do proxecto técnico completo da instalación (incluíndo obra civil e instalacións).

e) Solicita que se proceda a unha modificación do trazado, debido á súa proximidade a vivendas e núcleos de poboación.

25. Concello de Cerceda. Alega que se trata dun sistema de infraestructuras non previsto nas normas subsidiarias polo que, para a concesión da licencia, se deberá tramitar e aproba-lo correspondente plan especial, segundo establece o art. 26 da Lei 1/1977, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

26. Concello de Carballo. Reclámalle á empresa promotora toda a información referente á instalación da liña de alta tensión. Oponse ó paso da liña polo municipio e, no caso de que fose estrictamente necesario, que non pase por núcleos ou zona urbanas. Solicita un trazado subterráneo da liña.

27. Concello da Laracha solicita un cambio de trazado no que a distancia da citada liña ós núcleos de poboación sexa superior ós 200 m.

28. Concello de Vimianzo manifesta estar de acordo coas alegacións dos veciños.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria para a súa contestación, facilitando esta as informacións adicionais.

Sexto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola delegación provincial da Coruña, comprobándose mediante inspección sobre o terreo, do 3-7-2000, seguindo o trazado proposto para a instalación desta liña, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume de paso, non se dan as prohibicións ni limitacións previstas no artigo 57 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e nos artigos 25 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e prohibicións en materia de

instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, agás o predio nº 191C situado entre os apoios 31 e 32.

Sétimo.-O 24 de xullo de 2000, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental da citada liña, que se lle notificou ó promotor o 28-8-2000.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 21 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e prohibicións en materia de instalacións eléctricas e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus arts. 5 e 6.

Terceiro.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación a elas por parte da empresa promotora e o resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da afección das parcelas, por non ser obxecto desta fase do expediente. Esta valoración corresponde á fase de prezo xusto.

2. Con respecto ás alegacións referidas a posibles erros na determinación de servidumes así como na natureza dos terreos afectados, estas tomaranse en consideración cando se proceda ó levantamento de actas de ocupación e incluiranse na correspondente folla de aprecio.

3. Déuselle traslado á empresa promotora das distintas solicitudes de documentación complementaria formulada polos alegantes e esta tomou razón delas mesmas, procedendo ó envío desta.

4. En relación ós cambios de titularidade nas parcelas, a empresa beneficiaria tomará razón delas e procederase a tramita-lo expediente de expropiación forzosa cos alegantes. Non obstante, durante a fase do levantamento de actas previas á ocupación, á que serán convenientemente notificados, deberán presenta-la documentación acreditativa da dita titularidade.

5. En canto ós campos electromagnéticos asociados ás liñas de alta tensión, neste momento hai discrepancia na comunidade, científica sobre os posibles efectos deles. Por outra banda, un recente informe do Centro de Investigacións Enerxéticas, Medio

Ambientais e Tecnolóxicas (CIEMAT), conclúe que estas, cando teñen unha frecuencia extremadamente baixa (50-60 Hz), non proporcionan evidencias de que a exposición ós campos supoña un risco para a saúde das persoas ou o ambiente.

6. A citada liña foi cualificada polo Ministerio de Industria e Enerxía no seu informe previo sobre as liñas eléctricas a 220 kV Mesón-Vimianzo e Vimianzo-Mazaricos como parte fundamental do desenvolvemento da rede de transporte da zona, o 31 de xaneiro de 2000, polo que non se pode aceptar que se trate dunha liña directa.

7. O citado proxecto foi sometido ó estudio de impacto ambiental, inclúe unha análise de alternativas, tal e como se indica na lexislación e que o 24 de xullo de 2000 a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental da citada liña.

8. En relación ó cambio de trazado planificado por Carmen Candal Pazos (predios nº 51, 51A, 52B) e outros haberase que ater ó disposto no art. 4 do Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión, aprobado polo Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, segundo o cal as liñas eléctricas se estudiarán seguindo o trazado que considere máis conveniente o autor do proxecto no seu intento de acada-la solución óptima para o conxunto da instalación. Neste sentido, inténtase axustar todo o posible o dito trazado ós lindeiros dos predios, pero debido á división parcelaria da terra en Galicia, en ocasións resulta imposible realiza-lo trazado dunha instalación como a deste proxecto, seguindo sempre os lindeiros ou sobre terreos de dominio público e o seu intento suporía afectar a outros propietarios.

9. Non podemos acepta-las alegacións presentadas por Mercedes Gómez Seijas (predios nº 76 e 77), Manuel Lista Liñares (predio nº 255), Cristina Lavandeira Pazos (predios nº 1280, 1281, 1282, 1288, 1290 e 1291), Genaro Patiño Otero (predio nº 351), e Luciano Rey Mariño (predio 1136), dado que a servidume de paso de enerxía eléctrica non impida ó dono do predio servente cercalo ou edificar nel, deixando a salvo a dita servidume; nos ditos predios poderanse seguir realizando actividades pecuarias ou de cultivo respectando as distancias de plantación de árbores, e por outra parte a liña cumpre a normativa de seguridade que lle é de aplicación.

10. En relación coa alegación presentada por Jesús Castro Gende (en representación de Mª do Carmen Castro Gende, (predio nº 191C) cabe dicir que a empresa deberá presentar unha variante co fin de que se cumpra o artigo 57 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

11. Non podemos estima-la alegación presentada por Eugenio Becerra Muíño (predio nº 191B), dado que se comprobou que non se cumpren os requisitos que fixa o artigo 57 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, debido a que o predio non se encontra cerrado na súa totalidade.

12. Non podemos estima-las alegacións presentadas Rafael Vázquez Casas, Rafael Vázquez Rama, Alicia Vázquez Rama, José Luciano Vázquez Rama e Benedicta Vázquez Rama (predios nº 197, 198 e 199), a variante proposta polo alegante supera en lonxitude o 10% do trazado orixinal, afectando a terceiros non incursos no expediente; por outra parte, a superficie da parcela é superior a media hectárea e non está cerrada en todo o seu perímetro, polo que non concorren as prohibicións que fixa o artigo 57 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

13. Non podemos estima-las alegacións presentadas por Encarnación Iglesias Pereiro (predio nº 431) e outros, toda vez que en visita de comprobación das ditas alegacións se comprobou que non se cumpren as condicións establecidas no artigo 57 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no artigo 25 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e prohibicións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro.

14. En relación coa alegación presentada por Rosa Torrado Amado (predio nº 1248A), esta desestímase porque no predio 1248A non se vai instalar ningún apoio.

15. En relación coa alegación presentada por Manuel Rodríguez Lema (predio nº 1305), cabe dicir que a liña afecta o predio pola esquina sur, e non a divide en dous como afirma o alegante.

16. En relación coas alegacións presentadas por Jesusa Castiñeiras González, Felisa Aldao Tasende e Manuel Martínez Pallas, cabe dicir que os alegantes fan referencia a uns valores que indicou a casa Medtronic Ibérica nos que, para alcanza-lo nivel necesario de interferencia en configuración monopolar o campo máximo aceptable é de 10 lT e dunha orde de magnitude superior en disposición bipolar. Estes valores encontránse moi por encima dos valores dos campos xerados por L.A.T. 220 kV Mesón-Vimianzo, á vista das medicións efectuadas. Por outra parte hai que dicir que a influencia do campo magnético dunha liña subterránea é potencialmente moi superior o dunha liña aérea.

17. En relación coa alegación presentada polo Concello de Zas, manifestámo-lo seguinte:

a) O paso da liña afecta a un total de 245 parcelas. Na relación que está en poder do concello só figuran as afectadas polo procedemento de expropiación forzosa.

b) A distancia do conductor máis próximo da liña proxectada ós edificios e construccións é superior ás distancias mínimas máis desfavorables entre os conductores da liña e os edificios, recollida no art. 35.2º do Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión.

c) A modificación do trazado poderase facer sempre e cando estas actuacións se produzan de acordo co establecido no art. 28 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro.

d) A declaración de utilidade pública realízase ó amparo do artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro do sector eléctrico.

e) O proxecto completo estivo exposto durante o período de información pública na delegación provincial, para calquera tipo de consulta tanto de particulares como de entidades.

18. En relación coa alegación presentada polo Concello de Cerceda cabe dicir que está en fase de tramitación o proxecto sectorial para L.A.T. Mesón-Vimianzo.

19. En relación coa alegación presentada polo Concello de Carballo cabe dicir que:

a) A información que deba achegar a empresa ó concello para os efectos de obte-la licencia de obra é independente do presente procedemento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública.

b) A Dirección Xeral de Industria remitiu un exemplar do estudio de impacto ambiental e un exemplar do proxecto sectorial con planos nos que se reflicte o trazado da liña sobre o Plan Xeral de Ordenación Urbana en vigor, nos cales se pode apreciar que o dito trazado non atravesa ningunha zona ou núcleo urbano.

c) O trazado da liña subterránea non é procedente ó non cumpri-lo indicado no punto 3º do art. 26 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, sobre limitacións de imposición de servidume de paso e, en concreto, cando o custo da variante sexa superior ó 10% do orzamento da parte da liña afectada na dita variante.

20. Non podemos acepta-la alegación presentada polo Concello da Laracha, dado que o proxecto da citada liña cumpre sobradamente coas distancias regulamentarias establecidas relativas a edificacións e por outra parte afectaríase a terceiros non incursos no expediente.

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que lle atribúen os artigos 11 e 14 do Decreto 2617/1966,

RESOLVE:

1. Autoriza-la liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 220 kV Mesón-Vimianzo, entre os apoios 1-31 e 320 final, nos termos municipais de Carral, Mesía, Ordes, Cerceda, A Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños, Zas, Vimianzo (A Coruña).

2. Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

3. Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica, entre os apoios 1-31 e 32-final, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria