Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 22 de setembro de 2000 Páx. 13.286

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o acordo de modificación parcial dos estatutos xerais da Asociación Provincial de los Empresarios de Oficinas de Farmacia de Pontevedra (Emfarpo).

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foi depositada a certificación do acordo da asemblea xeral pola que se modifican parcialmente os estatutos da Asociación Provincial de los Empresarios de Oficinas de Farmacia de Pontevedra(Emfarpo), que afectan concretamente ós artigos 14.1º, 15.2º e o 15.4º.

Asinan a certificación do acordo: Isabel Vallejo Díaz e Amparo Salgueiro Martínez, presidenta e secretaria da asociación, respectivamente.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 14 de xullo de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra