Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 22 de setembro de 2000 Páx. 13.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Farelo para os efectos de presentación de solicitudes en competencia.

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Farelo coas seguintes características:

Peticionario: Elecnor, S.A., praza Manuel Gómez Moreno s/n, edificio Bronce, planta 6ª, 28020 Madrid.

Situación: concellos da Golada, Rodeiro (Pontevedra), e Antas de Ulla (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais UTM):

V(582.000, 4.740.500); V(585.000, 4.740.500); V(585.000, 4.737.000); V(592.000, 4.732.000); V(590.000, 4.730.000); V(585.000, 4.730.000); V(584.000, 4.734.000); V(582.000, 4.739.000).

Potencia bruta: 49,4 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria