Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 22 de setembro de 2000 Páx. 13.274

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Monte Cabeza para os efectos de presentación de solicitudes en competencia.

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Monte Cabeza coas seguintes características:

Peticionario: Elecnor, S.A., praza Manuel Gómez Moreno s/n, edificio Bronce, planta 6ª, 28020 Madrid.

Situación: concellos de Rodeiro (Pontevedra), e Chantada (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais UTM):

V(590.000, 4.732.000); V(593.650, 4.731.000); V(594.000, 4.725.500); V(589.000, 4.723.600).

Potencia bruta: 29,9 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria