De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Penas Grandes coas seguintes características:
Peticionario: Elecnor, S.A., praza Manuel Gómez Moreno s/n, edificio Bronce, planta 6ª, 28020 Madrid.
Situación: concellos de Rodeiro (Pontevedra), e Carballedo (Lugo).
Localización (coordenadas poligonais UTM):
V(587.500, 4.715.000); V(588.500, 4.716.000); V(589.000, 4.717.000); V(589.000, 4.718.000); V(590.000, 4.719.000); V(590.128, 4.719.000); V(589.889, 4.718.354); V(590.008, 4.717.589); V(589.500, 4.716.000); V(589.000, 4.715.000).
Potencia bruta: 13 MW.
As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2000.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria