Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 22 de setembro de 2000 Páx. 13.275

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/157-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: subestación o porto 220/15 kV.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: subestación eléctrica 220/15 kV en terreos do porto da Coruña, constituída por: equipo de transformación: dous transformadores trifásicos de 220/15 kV de 50 MVA de potencia. Instalación de 200 kV: proxectada en equipos blindados illados en hexafluoruro e en dobre barra, con dous módulos de liñas Mesón e A Grela, dous de transformación, un de medida de tensión en barras e outro de axustamento. Instalación de 15 kV: proxectada en cabinas metálicas illadas en aire e interruptor en hexafluoruro, en dobre barra, con 6 cabinas con saída única de liña, outras 6 con saída dobre de liña, cabina de transformadores de servicios auxiliares 15/0,380-0,220 kV e 250 kVA/U, cabina de medida de tensión en barras, cabina de axustamento transversal e 2 cabinas de transformadores alimentando barras. Grupo electrógeno de socorro e baterías de corrente continua. Sistema de control xeral, incorporando os sinais de mando, sinalización e alarma. Os elementos de protección, mando e

medida irán en cada posición. A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 21 de agosto de 2000.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións