Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 21 de setembro de 2000 Páx. 13.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial do SUNP-37 (1º sector) de Costa Vella.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión do 27 de xullo de 2000, aprobou definitivamente o Plan Parcial do SUNP-37 (1º sector) de Costa Vella, con resolución das alegacións presentadas polos interesados no trámite de exposición pública.

Consonte o disposto polo artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse no BOP número 203 o día 4 de setembro de 2000 o texto íntegro da normativa urbanística do plan parcial definitivamente aprobado.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde