Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 21 de setembro de 2000 Páx. 13.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de mellora do núcleo 19.01 Marcosende, en Zamáns (expediente 3771/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do 29 de maio de 2000, acordou aprobar definitivamente o Plan especial de mellora do núcleo 19.01 Marcosende, na parroquia de Zamáns, e o catálogo anexo de elementos que se incluirán no inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, segundo a documentación corrixida á vista das alegacións, redactado polos arquitectos Gabriel Santos Zas e Elena Clavería Fontán.

De conformidade co artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o planeamento deberá publicarse no Diairo Oficial de Galicia e no BOP. Así mesmo, deberá publicarse no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas de aplicación.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común por medio do presente anuncio, e publicación no taboleiro de edictos do concello, notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar.

Vigo, 4 de setembro de 2000.

Lóis Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo