Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 21 de setembro de 2000 Páx. 13.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación do Plan xeral de ordenación urbana na zona de San Lázaro.

O Pleno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión do 27 de xullo de 2000, aprobou definitivamente o modificación do Plan xeral de ordenación urbana na zona de San Lázaro.

De conformidade co disposto polo artigo 48.2º da Lei do solo de Galicia publicouse no BOP número 203 o día 4 de setembro de 2000 o texto íntegro da normativa.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde