Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 21 de setembro de 2000 Páx. 13.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de aprobación inicial.

Por decreto da alcadía do 29 de agosto de 2000 aprobouse inicialmente o estudio de detalle, proxecto de compensación e proxecto de urbanización da unidade de execución delimitada no predio As Naveiras, no lugar de Sada de Arriba-Sada. Dando cumprimento ó disposto na Lei do solo de Galicia, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes para o estudio de detalle e de 20 días para o proxecto de compensación e o proxecto de urbanización. Estes prazos contaranse a partir do día seguinte ó da inserción do presente anuncio no DOG.

Sada, 29 de agosto de 2000.

O alcalde

Rubricado