Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 21 de setembro de 2000 Páx. 13.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO.

Información pública do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal e suspensión do outorgamento de licencias.

O Pleno do Concello de Miño, na sesión que se celebrou o día 13 de setembro de 2000, en relación co avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal, acordou o seguinte:

1. Información pública. Para os efectos do disposto no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, durante o prazo de corenta e cinco naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación dos anuncios no Diario Oficial de Galicia, e nun dos xornais de maior difusión, as entidades e os particulares poderán suxerir o que estimen oportuno, e presenta-las propostas e convenios que estimen procedentes.

2. Suspensión de licencias. Polas modificacións que se introducen no avance con respecto ó planeamento urbanístico vixente suspéndese o outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificacións e demolición nas áreas do termo municipal que se sinalan nos planos S-1.1, S-1.2, S-2 e S-3,

nos termos sinalados no artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O que se fai público para o coñecemento xeral e para os seus efectos.

Miño, 13 de setembro de 2000.

Deogracias Romeu López

Alcalde