Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 21 de setembro de 2000 Páx. 13.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MIÑO

ANUNCIO.

Contratación de obra. Concurso con procedemento aberto e trámite urxente para a contratación da obra do centro sociocultural e xuvenil de Bañobre (Castro).

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Miño.

2. Obxecto do contrato.

Execución da obra do centro sociocultural e xuvenil de Bañobre (Castro).

3. Tramitación.

Urxente, concurso público con procedemento aberto.

4. Tipo de licitación.

21.747.565 ptas. ou 130.705,50 euros.

5. Garantías.

Provisional: 434.951 ptas.

Definitiva: 869.903 ptas.

6. Obtención da documentación e información.

a) Lugar e prazo: Concello de Miño (A Coruña). Avda. Xeneralísimo, 98, 15630 Miño. Teléfono: 981 78 20 06. Fax: 981 78 31 75. No prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

b) Prego de cláusulas administrativas: o publicado pola Deputación Provincial da Coruña, no BOP número 77, do 3 de abril de 2000.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os sinalados no prego de cláusulas administrativas.

Clasificación: grupo C, categoría c.

8. Presentación de ofertas.

a) Lugar de presentación: Casa do Concello, avda. de Xeneralísimo 98 (Miño), Oficinas Xerais, Rexistro de Entrada. No horario de 9 a 14 horas, agás sábados que será de 11 a 13 horas.

b) Prazo: trece (13) días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

c) Documentación: a esixida no prego de condicións.

9. Apertura de plicas.

Na casa do concello, ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo para a presentación de proposicións. Se este día resultara ser sábado, trasladarase ó seguinte día hábil.

10. Gastos.

Serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que se orixinen.

Miño, 11 de setembro de 2000.

Deogracias Romeu López

Alcalde