Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 21 de setembro de 2000 Páx. 13.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GOMESENDE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Gomesende (Ourense).

2. Obxecto do contrato.

-Execución das obras de abastecemento e saneamento en Viñal, Cimadevila e Cortiñal.

-Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 14.593.000 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: 2 por 100 do orzamento base de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

Na Casa do Concello de Gomesende (Sobrado). Teléfono: 988 48 50 00 ata o día en que remate o prazo de presentación das proposicións.

7. Presentación das ofertas.

As ofertas presentaranse no propio concello ou mediante os sistemas admitidos pola lixislación vixente na forma prevista no prego de condicións, e no prazo dos trece días naturais contados desde a publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

8. Apertura das proposicións económicas.

Na casa do concello ás trece horas do cuarto día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación de ofertas. Se coincidise en sábado, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

9. Modelo de proposición.

Expediente de contración das obras de.....

Don/a....., con domicilio en....., núm....., DNI....., en nome propio (ou en representación de.....) informado da convocatoria para a contratación de referencia, fai constar:

a) Que está en plena posesión da súa capacidade de obrar; non está incurso en ningunha prohibición para contratar coa Administración, reúne os requisitos de solvencia económica, financeira e técnica necesarios para o efecto.

b) Que acepta cantas obrigas se derivan do prego de condicións e se compromete a cumpri-lo contrato con estricta suxeición á normativa aplicable.

c) Outras circunstancias:

C.1. Comprométese a executa-las obras polo prezo total de pesetas..... (en letra e número).

C.2. Ofrece as seguintes melloras, de conformidade co previsto no prego:..... (detallar).

(Lugar, data e sinatura do propoñente)

Gomesende, 4 de setembro de 2000.

Radigundo Castro Fernández

Alcalde