Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 21 de setembro de 2000 Páx. 13.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO da aprobación definitiva da conta de liquidación provisional do proxecto de reparcelación de Manuel Murguía.

A Comisión de Goberno Municipal, en sesión celebrada o día 26 de maio de 2000, prestou aprobación á seguinte proposta de acordo:

Primeiro.

-Estima-la solicitude de Roberto Veira Pino en representación de Mercedes Alvedro Fachal e os irmáns Mercedes e Ángela Tejeiro Alvedro, corrixindo a conta de liquidación provisional do proxecto de reparcelación respecto a parcela resultante nº 1 na que figurará en concepto de indemnización o importe de -772.085 ptas. e facer efectivo o importe da indemnización nº 3 por importe de 2.291.488 ptas. a favor dos antigos titulares da edificación.

-Respecto da parcela nº 2 desestima-la alegación presentada polos herdeiros de Ramón Blanco Boedo e a Sociedade Coperdiga, S.L. de conformidade co informe emitido, corrixindo a titularidade da parcela que figurará a nome de Coperdiga, S.L. debedor do saldo resultante da conta de liquidación para esta parcela, confirmándose o importe aprobado inicialmente.

-Estima-lo escrito presentado por Antonio de la Iglesia Mantiñán, en representación de Isomán, S.A. respecto da parcela adxudicada nº 3 do proxecto de reparcelación, corrixindo a titularidade dela de maneira que os saldos resultantes imputados a esta parcela lle corresponderán a José Herves Arca e Pedro Roca Díaz.

-Estima-lo escrito presentado por Inversiones Jaluma, S.L. corrixindo a conta de liquidación provisional de maneira que os saldos correspondentes á parcela nº 4 se imputarán a citada sociedade.

-Desestima-lo escrito presentado por José de la Iglesia Mantiñán en nome e representación da Compañía Mercantil Demanti, S.A. consonte o estable

cido no artigo 27.4º do Regulamento de xestión e artigo 1887 do Código Civil respecto á solicitude de rebaixa da cota de urbanización e desestimar tamén respecto á revalorización das achegas de conformidade co informe que consta no expediente.

-Desestima-lo escrito presentado por Antonio de la Iglesia Mantiñán en representación de Isomán, S.A. en relación á parcela adxudicada nº 9

de conformidade co informe que consta no expediente.

Segundo.-Aprobar definitivamente a conta de liquidación provisional do proxecto de reparcelación de Manuel Murguía por importe de 126.320.036 ptas. no que se introduciron as modificacións derivadas dos informes que constan no expediente; o seu resumo é o seguinte:

ParcelaCustos urbanizaciónIndemnizaciónsAchegasCotas que hai que pagar

1

Ignacio Benedetti Corzo e outros

11.469.8592.316.2569.153.603

2

Coperdiga S.L.

4.812.7934.812.793

3

José Herves Arca e outro

6.505.4821.612.5004.948.874-55.892

4

Inversiones Jaluma, S.L.

3.612.753398.8423.213.911

5

Demanti, S.A.

12.177.25112.177.251

6

Construcciones Arcaci, S.A.

Jesús e Andrés Ares Lois

8.227.830

1.855.328

1.134.061

537.852

5.119.043

1.026.944

3.108.787

290.532

1.134.061

7

Antonio de la Iglesia Mantiñán

5.393.866537.8524.856.014

8

Construcciones de la Iglesia, S.L.

4.977.009887.6924.089.317

9

Isomán, S.A.

14.589.96418.154.271-3.564.307

10

Francisco Lodeiro Barbeito

e outros

6.879.826

1.062..440

6.129.786

537.852

392.236

5.833.333508.641

670.204

6.129.786

11

Construcciones Manuel

Murguía, S.L.

37.491.7871.699.41811.313.65024.478.719

74.623.619-3.620.199

Totais126.320.035 8.920.500 46.396.115 71.003.420

Concello da Coruña,

indemnización

nº 1 e nº 2

1.651,520

Mercedes Alvedro

Fachal e outro,

indemnización nº 3

2.291.484

Total

3.943.004

En execución do presente acordo xiraranse as correspondentes liquidacións que serán previamente fiscalizadas pola Intervención Municipal.

Terceiro.-Comunicarlle ó Rexistro da Propiedade que de conformidade co artigo 19.1º de normas complementarias o Regulamento para a execución da Lei hipotecaria proceda a anota-lo saldo resultante da conta de liquidación provisional a cada unha das parcelas resultantes do proxecto de reparcelación.

Cuarto.-Publicar no Diario Oficial de Galicia o acordo de aprobación definitiva da citada conta e notificarlla ós interesados.

Quinto.-O que se publica para xeral coñecemento indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación. Non obstante pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía Presidencia no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, se a resolución fora expresa, e noutro caso no de seis meses contados desde a desestimación

presunta do recurso de reposición, isto é, a partir do mes de telo interposto.

A presente publicación producirá tamén os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para aqueles supostos de interesados ou propietarios de parcelas que se relacionan ós que non poida serlles practicada a notificación de forma persoal.

A Coruña, 22 de xuño de 2000.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda