Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 21 de setembro de 2000 Páx. 13.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERCEDA

ANUNCIO.

No BOP da Coruña, número 183, do 10 de agosto, publícanse as bases específicas íntegras das convocatorias deste concello para cubrir en propiedade as seguintes prazas:

Denominación: técnico-tesoureiro. Número 1. Grupo: B. Forma de provisión: concurso-oposición.

Denominación: administrativos de Administración xeral. Número 4. Grupo: C. Quenda: artigo 15 Lei 30/1984. Provisión: concurso-oposición.

Denominación: auxiliar de Administración xeral. número 1. Grupo: D. Provisión: concurso-oposición.

Denominación: subalterno de Administración xeral. Número 1. Grupo: E. Provisión: concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días contados desde o seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os anuncios relativos a estas convocatorias publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos do concello.

Cerceda, 11 de setembro de 2000.

José García Liñares

Alcalde