Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 20 de setembro de 2000 Páx. 13.205

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Pola Comisión de Goberno deste concello, en sesión celebrada o día 2 de agosto do 2000, aprobouse inicialmente o prego de condicións técnicas e económico-administrativas que rexerán o concurso para a subministración dun servidor sendo o anuncio de licitación como segue:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a subministración dun servidor de grande capacidade e moderna tecnoloxía.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 20.000.000 de ptas.

5. Garantías.

Provisional: 400.000 ptas.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación.

b) Enderezo: Ronda da Muralla, nº 197, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Outros requisitos: os que se sinalan no prego de condicións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural posterior á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Enderezo: Ronda da Muralla nº 197, planta baixa.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores estimen convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o primeiro venres posterior ó prazo de finalización de proposicións. O dito prazo será ampliado como maximo ata o décimo primeiro día, no suposto de recibirse regulamentariamente aviso de presentación de proposicións por correo.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: correrán a cargo do contratista adxudicatario.

Lugo, 11 de agosto de 2000.

O alcalde

Rubricado

O secretario

Rubricado