Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 20 de setembro de 2000 Páx. 13.206

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 31 de agosto de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de delimitación da zona 2 do SU-2 do PXOU de Ourense a petición de Fernando Copa Martínez, en representación da comisión xestora da zona 2 do SU-2, fixando como sistema de actuación urbanística para o dito polígono o de compensación.

2. Aprobar inicialmente por instancia de Fernando Copa Martínez en representación da comisión xestora da zona 2 do SU-2, do PXOU de Ourense, os estatutos e bases de actuación para a xunta de compensación que se vai constituír para a xestión urbanística do dito polígono.

De conformidade co disposto no art. 102, 120 e 121 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia sométese o citado expediente, a exposición pública polo prazo de vinte días que empezará a contar desde o día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no art. 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 7 de setembro de 2000.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente