Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 20 de setembro de 2000 Páx. 13.205

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria do día 2 de agosto de 2000, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do contorno do edificio núm. 82 da rúa da Ponte, segundo proxecto e anexo redactados polo arquitecto Juan García Pérez e que foron visados pola delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia con datas 23-6-1999 e 25-4-2000.

O devandito proxecto afecta á rúa da Ponte así como ás rúas 21 e 22 da vila de Lalín, e foi tramitado por instancias da Promotora Pontiñas, S.L.

Recursos.

Contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderá interpoñer recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou no prazo dun mes ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación do presente anuncio.

O alcalde

Rubricado