Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 20 de setembro de 2000 Páx. 13.205

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 8-9-2000, acordou inicia-los trámites para a contratación do servicio que seguidamente se indica, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativa particulares, que se expón xunto co presente anuncio polo prazo de catro días para reclamacións, e ordenou anuncia-lo seguinte concurso público:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1. 365000-Lalín. Teléfono: 986 78 70 60. Fax: 986 78 06 38.

Obxecto: servicios para a gardería infantil de Lalín.

Orzamento: establecerano os licitadores.

Duración do contrato: 1 ano (prorrogable ata un máximo de 4).

Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

Garantía provisional: 500.000 ptas. (30,05 euros).

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello, en horas de oficina, de luns a venres e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello ou na forma establecida no prego de condicións, dentro do prazo de 15 días naturais contados a partir do día da publicación do presente anuncio no BOP de Pontevedra en horario de 9 a 14 horas. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións terá lugar na Casa do Concello, ás doce horas do terceiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de ofertas; para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.

O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Lalín, 9 de setembro de 2000.

Lucita Villar Jar

Concelleira delegada