Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 20 de setembro de 2000 Páx. 13.200

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de epizootias que se cita. (094SA/2000).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción á Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e mais do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións, posto que, intentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

Noméase instructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedmento, se concorre algunha das circunsancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, citada.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O interesado disporá dun prazo de quince días contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, e para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos (A Coruña).

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecemento no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9 de agosto).

A Coruña, 6 de setembro de 2000.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente 094SA/2000.

Denunciado: Fernando Gago, Manuel.

DNI: 76.327.323Y.

Último enderezo coñecido: r/ Xeneral Mola nº 52-1º Ordes (A Coruña).

Feito denunciado: transportar no vehículo Nissan, matrícula C-0051-AV, cinco cabezas de gando vacún, carecendo do certificado de inscrición do vehículo para transportar gando vivo, no Servicio de Producción e Sanidade Animal desta consellería.

Tipificación da infracción. Regulamento de epizootias: 52.4º do Regulamento de epizootias e art. 5.2º da Orde do 4-4-1997 en relación co art. 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción proposta: 15.000 ptas.