Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 20 de setembro de 2000 Páx. 13.200

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada pola instructora, nos expedientes sancionadores de epizootias que se citan. (026SA e 042SA/2000).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción á Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e mais do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións, posto que, intentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examindo na Delegación Provincial desta consellería, sita no

edificio administrativo de Servicios Múltiples, Monelos (A Coruña).

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiráselles ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9 de agosto).

A Coruña, 6 de setembro de 2000.

Paloma Puente Sánchez

Instructora

ANEXO

Expediente 026SA/2000.

Denunciado: Mosteiro López, José Manuel.

DNI: 32.692.829.

Último enderezo coñecido: praza de Azcárraga, 5-2º (A Coruña).

Feito denunciado: transportar no vehículo Tata Gran Telco Sport, matrícula LU-9663-T, dous animais bovinos identificados cos crotais ES-06193CI e ESC55489B, comprados na explotación de Luisa Varela Gil, carecendo do carné de operador comercial de gando (tratante).

Tipificación da infracción. Regulamento de epizootias: 196 do Regulamento epizootias en relación co art. 213 do mesmo regulamento.

Sanción proposta: 5.000 ptas.

Expediente 042SA/2000 .

Denunciado: Vidal Pombo, José.

DNI: 35.213.352F.

Último enderezo coñecido: Aios, nº 104 Sanxenxo (Pontevedra).

Feito denunciado: transportar no vehículo Toyota Celica, matrícula PO-2699-BH, dous animais bovinos identificados cos crotais ES081103092867 e ES001103091720 procedentes do mercado de Amio, carecendo do certificado de inscrición do vehículo para transportar gando vivo, no Servicio de Producción e Sanidade Animal desta consellería.

Tipificación da infracción. Regulamento de epizootias: 52.4º do Regulamento epizootias e art. 5.2º da Orde do 4-4-1997 en relación co art. 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción proposta: 15.000 ptas.