Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 20 de setembro de 2000 Páx. 13.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de epizootias que se cita. (284SA/1999).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción á Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e mais do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado entre outros, polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións, posto que, intentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples de Monelos-A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Malia o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política

Agroalimentaria no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que éste se presente esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 6 de setembro de 2000.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente 284SA/1999

Denunciado: Fuentes García, Juan.

DNI: 33.292.133.

Último enderezo coñecido: Rivera de San Lorenzo nº 13, Santiago de Compostela (A Coruña).

Feito denunciado: transportar animais (2) da especie ovina no vehículo Renault Megane, matrícula C-8519-BW, carecendo do certificado de inscrición do vehículo para transportar gando vivo, no Servico de Producción e Sanidade Animal desta consellería.

Tipificación da infracción. Reglameto de epizootias: 52.4º do Regulamento epizootias e art. 5.2º da Orde do 4-4-1997 en relación co art. 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción proposta: 15.000 ptas.