Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 20 de setembro de 2000 Páx. 13.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2000 pola que se lle dá publicidade á resolución de adxudicación dun contrato de consultoría e asistencia. (Expediente 3/2000 DXC).

-Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Número de expediente: 3/2000 DXC.

-Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

Descrición do obxecto: realización dun estudio relativo ós fondos da Unión Europea destinados á fase de preadhesión dos países da Europa Central e Oriental (PECO), estudio prospectivo dos retos e oportunidades para as Pemes galegas e definición de estratexias ligadas ós fondos comunitarios que permitan un posicionamiento axeitado para competir nese mercado.

Data de publicación do anuncio de licitación no DOG: 17 de xullo de 2000.

-Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: 14.000.000 de ptas., IVE incluído.

-Adxudicación.

Data: 4 de setembro de 2000.

Adxudicatario: Eurogestores, S.P.R.L.

Nacionalidade: belga.

Importe de adxudicación: trece millóns oitocentas noventa e catro mil pesetas (13.894.000 ptas.), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2000.

P.D. (Orde 13-10-1999, DOG nº 207)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio