Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 20 de setembro de 2000 Páx. 13.198

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se realiza a publicidade do acordo do 27-6-2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Laxe da Cruz 2732.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación de impacto ambiental para Galicia, a delegada provincial da Consellería de Industría e Comercio de Pontevedra

RESOLVE:

Dar publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 27-6-2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión de

explotación derivada do permiso de investigación denominada Laxe da Cruz nº 2732, sita en terreos do termo municipal de Ponteareas, provincia de Pontevedra, promovido por Áridos de Ponteareas, S.L.

A mencionada declaración refírese, en excluiva, a unha superficie de 47,5 ha, dentro do espacio solicitado para a concesión mineira de 9 cuadrículas mineiras, comprendidas entre os paralelos 42º 12' 40'', 42º 11' 40'' norte e polos meridianos 8º 33' 20'', 8º 32' 20'' oeste, e foi incorporada ó expediente da concesión Laxe da Cruz nº 2732, encontrándose á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 1 de setembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra