Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 20 de setembro de 2000 Páx. 13.201

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2000 pola que se anuncia a contratación polo sistema de concurso e procedemento aberto, da consultoría asistencia técnica consistente na campaña publicitaria de información sobre as denominacións de calidade dos productos agroalimentarios galegos e os seus consellos reguladores.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: campaña publicitaria de información sobre as denominacións de calidade dos productos agroalimentarios galegos e os seus consellos reguladores, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: ata o 30 de decembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento sesenta millóns de pesetas (160.000.000 de ptas./961.619,368 euros).

5. Garantías.

Provisional: 3.200.000 ptas./19.232,387 euros.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Industrias e Alimentación (Subdirección Xeral de Comercialización Agroalimentaria-Servicio de Promoción Agroalimentaria) da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15771.

d) Teléfono: 981 54 57 25.

e) Telefax: 981 54 57 35.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborais, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet no enderezo: http://www.xunta.es/conselle/ag/index.htm.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non é necesaria.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 6 de novembro de 2000.

b) Documentación que hai presentar: a indicada no prego cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Posibilidade de variantes.

No se admiten.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 13 de novembro de 2000.

e) Hora: 13 horas.

11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2000.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)

Ángel Bernardo Tahoces

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria