Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 20 de setembro de 2000 Páx. 13.172

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, pola que se publica a disolución da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra como consecuencia da súa fusión coa Caixa de Aforros de Vigo e Ourense.

En cumprimento do disposto nos artigos 4.6º e 30.2º da Lei 4/1996, do 31 de maio, de Caixas de Aforros de Galicia, faise público que, unha vez cumpridos tódolos trámites preceptivos, por escritura pública do 17 de xullo de 2000, fusionáronse a Caixa de Aforros de Vigo e Ourense e a Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, quedando esta última disolta sen liquidación e traspasando en bloque á Caixa de Aforros de Vigo e Ourense, a título de sucesión universal, a totalidade do seu patrimonio, pasando a denominarse esta última Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra.

A disolución por fusión da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra foi anotada no Rexistro Mercantil o 17 de xullo de 2000, e inscrita no Rexistro de Caixas de Aforros Galegas o 1 de setembro de 2000.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2000.

José Álvarez Cobelas

Director xeral de Política Financeira e Tesouro