Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 19 de setembro de 2000 Páx. 13.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2000 pola que se fai pública a resolución do recurso ordinario interposto contra a resolución recaída no expediente sancionador de pesca fluvial PO-97/047.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á entidade que figura no anexo, a citada resolución.

Contra a resolución que se publica procederá o recurso contencioso-administrativo que se interpoñerá, por elección do recorrente, perante o xulgado do contencioso-administrativo do lugar onde teña o seu domicilio o recorrente, ou perante o Xulgado do Contensioso-Administrativo da cidade de Pon

tevedra, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2000.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador de pesca fluvial: Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia.

Expediente núm.: PO-97/047.

Denunciado: Rande-Ute.

Último enderezo coñecido: Avda. do Rebellón, 15 Puxeiros, 36416 Mos.

Contido da resolución do recurso.

Data: 15 de xuño de 2000.

Feitos polos que foi denunciado: provoca-lo alodamento nas augas continentais mediante a incorpo

ración de áridos, alterando as súas condicións de habitabilidade piscícola, sen a correpondente autorización.

Resolución do recurso: desestimado, confirmando a resolución recorrida en tódolos seus termos.