Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 19 de setembro de 2000 Páx. 13.163

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 8 de setembro de 2000, do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, pola que se fai pública unha relación de resolucións de expedientes tramitados por este organismo autónomo.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo, cos datos e últimos enderezos coñecidos, as resolucións recaídas nos expedientes que así mesmo se citan, por ignorarse o lugar da notificación ou ben porque intentada a notificación esta non se puido practicar.

Contra as mencionadas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación perante a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, de conformidade co establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Os expedientes e as correspondentes resolucións figuran na sede do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2000.

Aurora Montes Santa-Olalla

Directora do Servicio Galego de Promoción

da Igualdade do Home e da Muller

ANEXO

Nº de expedienteInteresadaEnderezoResoluciónPreceptos aplicables

1999/45-5Susana Raño SomozaRúa Real, 5, baixo

Cambados (Pontevedra)

Resolución do 17 de decembro de 1999, da Dirección do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, pola que se lle denega unha subvención solicitada ó abeiro da Orde do 8 de febreiro de 1999 (programa Emega) (DOG nº 37, do 23 de febreiro).Artigo 2º da Orde do 8 de febreiro de 1999.

1997/76Mª Pilar Muíños CalRonda de Outeiro, 202-2º C

A Coruña

Resolución do 9 de setembro de 1999, pola que se lle revoga unha subvención concedida ó abeiro da Orde do 19 de decembro de 1996 (DOG nº 4, do 8 de xaneiro de 1997). (Corrección de erros no DOG nº 21, do 31 de xaneiro de 1997).Artigos 10, 11 e 12 da Orde do 19 de decembro de 1996.

1997/548Mª Cristina Román ExpósitoPraza de Vilar, 22

Vigo (Pontevedra)

Resolución do 9 de setembro de 1999 pola que se lle revoga unha subvención concedida ó abeiro da Orde do 19 de decembro de 1996 (DOG nº 4, do 8 de xaneiro de 1997). (Corrección de erros no DOG nº 21, do 31 de xaneiro de 1997).Artigos 10, 11 e 12 da Orde do 19 de decembro de 1996.