Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 19 de setembro de 2000 Páx. 13.156

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 16 de xuño de 2000, correspondente á categoría 1 (camareiro/a limpador/a, axudante de cociña e outros) (lista B) do grupo V.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou con data do 1 de setembro de 2000, resolución estimatoria do recurso formulado por María Fe Prado Janeiro, Felisa González León, Pablo Díaz Fernández, Amparo Becerra Rey, Mª Cristina Barcia Martínez, María Holanda López Losada, Mª Pilar Mariño Silva e Mª Victoria Santos Blanco, contra a Resolución do 16 de xuño de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondente á categoría 1 (camareiro/a limpador/a, axudante de cociña e outros) (lista B) do grupo V.

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións do interesado, procede darlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por estas, nas listas publicadas por Resolución do 16 de xuño de 2000, no sentido de que deben figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 1 (camareiro/a limpador/a, axudante de cociña e outros) (lista B) do grupo V, cos datos seguintes:

Mª Fe Prado Janeiro, DNI: 34.582.847, lista B, puntuación: 6,15 puntos.

-No posto número 16 para o ámbito X3206.

Felisa González León, DNI: 34.980.147, lista B, puntuación: 4,95 puntos.

-No posto número 9 para o ámbito X3205.-No posto número 34 para o ámbito X3206.-No posto número 10 para o ámbito X3208.-No posto número 23 para o ámbito X3204.

Pablo Díaz Fernández, DNI: 33.842.628, lista B, puntuación: 3 puntos.

-No posto número 31 para o ámbito X2710.-No posto número 52 para o ámbito X2705.

Amparo Becerra Rey, DNI: 76.549.707, lista B, puntuación: 2,85 puntos.

-No posto número 9 para o ámbito X2701.

DNI: 76.549.707.

Apelidos: Becerra Rey.

Nome: Amparo.

Base 1: 0.

Base 2*: 2.1.

Base 3*: 0.

Base 4*: 0.

Base 5: 0.

Base 6: 0.

Base 7: 0.75.

Base 8: 0.

Total: 2.85.

* A suma da puntuación dos puntos b2, b3 e b4 non poderá exceder de 5 puntos.

Mª Cristina Barcia Martínez, DNI: 32.665.167, lista B, puntuación: 2,45 puntos.

-No posto número 50 para o ámbito X1506.

Mª Holanda López Losada, DNI: 76.608.698, lista B, puntuación: 2,15 puntos.

-No posto número 72 para o ámbito X3206.

Mª del Pilar Mariño Silva, DNI: 35.765.839, lista B, puntuación: 1 punto.

-No posto número 17 para o ámbito X3602.

Mª Victoria Santos Blanco, DNI: 33.259.815, lista B, puntuación: 1 punto.

-No posto número 31 para o ámbito X1501.-No posto número 36 para o ámbito X1512.-No posto número 36 para o ámbito X1508.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

A presente resolución non afecta ás modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública