Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 19 de setembro de 2000 Páx. 13.156

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 27 de xuño de 2000, correspondente á categoría 16 (conductor/a) (lista B) do grupo IV.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou con data do 1 de setembro de 2000,

resolución estimatoria do recurso formulado por José María Casal Márquez, Arturo Moreira Lozano e Antonio Martínez Louro, contra a Resolución do 27 de xuño de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondente á categoría 16 (conductor/a) (lista B) do grupo IV.

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións do interesado, procede darlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por estas, nas listas publicadas por Resolución do 27 de xuño de 2000, no sentido de que deben figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 16 (conductor/a) (lista B) do grupo IV, cos datos seguintes:

José María Casal Márquez, DNI: 35.288.203, lista B, puntuación: 4,45 puntos.

-No posto número 29 para o ámbito D0000.-No posto número 22 para o ámbito D3600.

Arturo Moreira Lozano, DNI: 00.535.228, lista B, puntuación: 0,75 puntos.

-No posto número 72 para o ámbito D0000.-No posto número 43 para o ámbito D1500.

Antonio Martínez Louro, DNI: 76.351.363, lista B, puntuación: 0,58 puntos.

-No posto número 46 para o ámbito D1500.

DNI: 76.351.363

Apelidos: Martínez Louro.

Nome: Antonio.

Base 1: 0.

Base 2*: 0.

Base 3*: 0.

Base 4*: 0.

Base 5: 0.

Base 6: 0.

Base 7: 0.

Base 8: 0.58.

Total: 0.58.

* A suma da puntuación dos puntos b2, b3 e b4 non poderá exceder de 5 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

A presente resolución non afecta ás modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Con

tencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública