Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 19 de setembro de 2000 Páx. 13.149

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2000 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de dezaseis bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega e se anuncia a súa convocatoria.

O artigo 6 da Lei 8/1983, do 8 de xullo, na súa alínea b), establece que: Compete ó Consello da Cultura Galega investigar e valora-las necesidades culturais do pobo galego.

Dentro do plan de actividades do Consello da Cultura Galega para o ano 2000 figura a convocatoria pública de bolsas de investigación para realizar proxectos sobre diversos aspectos da cultura galega.

O seu outorgamento enmárcase dentro das funcións atribuídas ó Consello da Cultura Galega na Lei 8/1983, do 8 de xullo, que desenvolve o artigo 32 do Estatuto de autonomía.

Na súa virtude, apróbanse as seguintes bases:

Primeira.-Obxecto.

Convócanse dezaseis bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega.

Como anexos á presente resolución inclúense os requisitos específicos que deben reuni-los solicitantes de cada bolsa.

Segunda.-Contía das bolsas e dotación orzamentaria.

As bolsas constan dunha asignación mensual coa retención fiscal que corresponda.

A contía especifícase nos anexos correspondentes.

O pagamento da bolsa será realizada mensualmente na conta bancaria indicada polo interesado, logo do certificado do director da investigación, sempre que os traballos se desenvolvan con normalidade e de acordo coas bases establecidas.

Para o gasto que se proxecta habilitarase o crédito suficiente na partida orzamentaria 03.01.111D.480.0, por unha contía máxima total de dous millóns oitocentas oitenta mil pesetas (2.880.000), impostos incluídos, correspondente ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2000.

Terceira.-Duración.

As tarefas relativas ás bolsas iniciaranse a partir da data de incorporación dos bolseiros e rematarán o 31 de decembro de 2000.

Estas bolsas poderán prorrogarse ata un máximo de tres anos, incluído o período inicial, á vista do traballo realizado polo bolseiro, sempre que o permitan as dispoñibilidades orzamentarias.

Cuarta.-Requisitos xerais.

a) Ser español ou pertencer a un país membro da Unión Europea.

b) Posuír coñecementos de lingua galega.

c) Ser licenciado universitario.

d) Non ter transcorrido máis de catro anos desde a data de remate da licenciatura ou estar realizando, na actualidade, os estudios de terceiro ciclo.

e) Non gozar con anterioridade doutra bolsa do Consello da Cultura Galega durante un prazo superior ós 3 anos.

f) Non ter sido separado do servicio de ningunha Administración ou institución como consecuencia de expediente disciplinario.

Quinta.-Solicitudes.

As solicitudes, no modelo que se xunta como anexo, anexo XV, irán dirixidas ó presidente do Consello da Cultura Galega e entregaranse na sede do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar, praza do Obradoiro, 15705 Santiago de Compostela) ou ben en calquera dos centros previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación da presente convocatoria no DOG, acompañadas da documentación seguinte:

-Certificación académica persoal completa.

-Currículum vitae, xunto con cantos documentos poidan avalalo.

-Fotocopia do DNI ou pasaporte.

-Declaración xurada de non ter sido separado do servicio de ningunha Administración nin institución pública como consecuencia de expediente disciplinario, así como de non desempeñar actividade profesional remunerada por conta propia ou allea, nin beneficiarse de bolsas ou axudas equiparables as convocadas.

Sexta.-Comisión de valoración.

A comisión de valoración estará formada por dous membros da comisión executiva e o coordinador da ponencia ou programa que solicite a bolsa. Este último pode, pola súa vez, delegar no director do proxecto.

Sétima.-Baremo para a selección dos bolseiros.

-Titulación do solicitante e expediente académico: ata un máximo de 4 puntos.

-Currículum vitae do solicitante, experiencia investigadora e colaboración noutros proxectos de investigación similares: ata un máximo de 4 puntos.

Ademais do exame da documentación presentada, a comisión poderá convoca-los solicitantes a unha entrevista persoal, para valora-los seus coñecementos sobre o tema de investigación: ata un máximo de 2 puntos.

A comisión cualificadora poderá comprobar se os solicitantes posúen suficientes coñecementos de lingua galega para desempeña-la súa función.

O presidente da comisión propoñeralle ó presidente do Consello da Cultura Galega a relación de candidatos seleccionados para a adxudicación da bolsa.

Finalmente, a comisión fará pública a relación dos candidatos por orde de puntuación, e as bolsas adxudicaranse por resolución do presidente, que lles será

debidamente notificada ós solicitantes. A dita resolución porá fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano que a dictou ou poderá ser impugnada directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa de acordo co artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A resolución do presidente adoptarase no prazo de tres meses, contados desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia da convocatoria das bolsas, producindo efectos desestimatorios a falta de resolución.

No caso de que, adxudicadas as bolsas, xurdan renuncias, adxudicaráselle automaticamente a axuda ó seguinte aspirante en puntuación, procedéndose do mesmo modo nas renuncias consecutivas.

Oitava.-Aceptación das bolsas.

Unha vez recibidas as notificacións de concesión das bolsas polos beneficiarios, estes no prazo de catro días naturais, comunicarán por escrito á comisión executiva a aceptación ou renuncia a elas. Se transcorridos eses catro días non se fixera manifestación en ningún sentido, entenderase como renuncia á bolsa, declarándose rematado o procedemento.

Novena.-Obrigas dos beneficiarios.

Para xustifica-lo cumprimento da finalidade para a que se concedeu a bolsa e a aplicación dos fondos percibidos, os beneficiarios presentarán dentro do mes seguinte ó remate da bolsa un informe sobre o proxecto de investigación que están realizando.

No caso de que os beneficiaros incumprisen algunha das condicións establecidas para a concesión da bolsa, quedarán obrigados ó reintegro total ou parcial do importe da axuda que en cada caso fora pertinente.

Os beneficiarios están obrigados a facilita-la información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das funcións de fiscalización e control de destino das bolsas.

Décima.-Réxime de colaboración.

A condición de bolseiro non dará lugar a relación laboral nin administrativa co Consello da Cultura Galega.

Os aspirantes selecionados incorporaranse, no prazo de tres días naturais desde o remate do prazo para comunica-la súa aceptación e desenvolverán o seu labor nos lugares e horarios establecidos nos correspondentes anexos.

Undécima.-Extinción anticipada da bolsa.

No caso de incumprimento das tarefas de colaboración, a comisión executiva e logo de escoita-la

persoa afectada, poderá anula-la bolsa e atribuírlla ó aspirante que ocupe o primeiro lugar en orde de puntuación ó remate do proceso de selección, ou ó seguinte ou seguintes cando os chamados non puideran presta-la súa colaboración por calquera motivo.

A solicitude da bolsa implica o coñecemento e aceptación das presentes bases.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2000.

Carlos Casares Mouriño

Presidente do Consello da Cultura Galega

ANEXO I

Unha bolsa para colaborar no programa Arquivo Sonoro de Galicia.

Esta bolsa ten como finalidade colaborar no programa Arquivo Sonoro de Galicia, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega, para realizar distintos labores de investigación sobre o patrimonio musical galego.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado en humanidades.

Ademais poderanse ter en conta como méritos:

-Posuír coñecementos de análise de contido, catalogación e busca documental.

-Experiencia en traballos de catalogación.

-Experiencia en investigación sobre patrimonio cultural.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO II

Tres bolsas para colaborar na Ponencia de Comunicación.

Estas bolsas teñen como finalidade colaborar no proxecto de investigación Galicia, un século de comunicación, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado en ciencias da información.

Ademais poderanse ter en conta como méritos:

-Posuír coñecementos de análise de contido, catalogación e busca documental.

-Posuír coñecementos de informática.

-Ter experiencia investigadora.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega e Arquivo de RTVE-Galicia, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO III

Unha bolsa para colaborar no Programa Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística.

Esta bolsa ten como finalidade colaborar no Programa Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado en filoloxía galega.

Ademais poderanse ter en conta como méritos:

-Posuír coñecementos de informática.

-Ter experiencia en servicios lingüísticos ou de normalización lingüística, ou en actividades de dinamización lingüística e estudios ou traballos de sociolingüística galega.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO IV

Unha bolsa para colaborar no Programa Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística.

Esta bolsa ten como finalidade colaborar no Programa Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los

requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser diplomado ou licenciado.

-Posuír coñecementos de biblioteconomía e documentación.

Ademais poderanse ter en conta como méritos:

-Posuír coñecementos de catalogación en formato Marc.

-Posuír coñecementos de informática.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO V

Unha bolsa para colaborar na Ponencia de Lingua.

Esta bolsa ten como finalidade colaborar no Informe de Política Lingüística e Normalización en Galicia, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado en filoloxía galega.

Ademais poderanse ter en conta como méritos:

-Posuír coñecementos de informática.

-Ter experiencia en servicios lingüísticos ou de normalización lingüística, ou en actividades de dinamización lingüística e sociolingüística galega.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO VI

Unha bolsa para colaborar no programa Arquivo da Emigración Galega.

Esta bolsa ten como finalidade colaborar no programa Arquivo da Emigración Galega, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado universitario, no ámbito das ciencias sociais e das humanidades.

Ademais poderanse ter en conta como méritos:

-Posuír coñecementos de análise de contido, catalogación e busca documental.

-Posuír coñecementos de informática.

-Ter experiencia investigadora preferentemente no ámbito dos estudios migratorios.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, centros de documentación de Galicia, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO VII

Unha bolsa para colaborar na Ponencia de Cultura Galega no Exterior.

Esta bolsa ten como finalidade colaborar na Ponencia de Cultura Galega no Exterior para realizar distintos labores de investigación sobre o patrimonio cultural galego no exterior.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado universitario, no ámbito das ciencias sociais e das humanidades.

Ademais poderanse ter en conta como méritos:

-Posuír coñecementos de análise de contido, catalogación e busca documental.

-Posuír coñecementos de informática.

-Posuír coñecementos de idiomas.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, centros de documentación de Galicia, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO VIII

Unha bolsa para colaborar na Ponencia de Artes Plásticas.

Esta bolsa ten como finalidade colaborar no proxecto de investigación: Catalogación do Arquivo de RTVE en Galicia, que se está desenvolvendo no Consello da Cultura Galega.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado universitario no ámbito das humanidades.

Ademais poderanse ter en conta como méritos:

-Experiencia en investigación sobre as artes plásticas.

-Posuír coñecementos de análise de contido, catalogación e busca documental.

-Posuír coñecementos de informática.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega e Arquivo de RTVE-Galicia, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO IX

Unha bolsa para colaborar na Ponencia de Música e Artes Escénicas.

Esta bolsa ten como finalidade colaborar na Ponencia de Música e Artes Escénicas para realizar distintos labores de investigación sobre o patrimonio musical galego.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado universitario no ámbito das das humanidades.

Ademais poderanse ter en conta como méritos:

-Posuí-lo grao superior en música e/ou coñecementos demostrados na historia da música en Galicia.

-Posuír coñecementos de análise de contido, catalogación e busca documental.

-Posuír coñecementos de informática.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO X

Unha bolsa para colaborar na Ponencia de Música e Artes Escénicas.

Esta bolsa ten como finalidade colaborar na Ponencia de Música e Artes Escénicas para realizar distintos labores de investigación sobre as artes escénicas en Galicia.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado en humanidades.

Ademais poderanse ter en conta como méritos:

-Experiencia en investigación sobre as artes escénicas.

-Posuír coñecementos de análise de contido, catalogación e busca documental.

-Posuír coñecementos de informática.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO XI

Unha bolsa para colaborar no Consello da Cultura Galega virtual.

Esta bolsa ten como finalidade colaborar na elaboración da páxina Web, que se está elaborando no Consello da Cultura Galega.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsas a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado universitario, no ámbito das ciencias sociais e das humanidades.

Ademais poderanse ter en conta como méritos:

-Posuír amplos coñecementos de informática, principalmente en Internet e elaboración de páxinas Web.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO XII

Unha bolsa para colaborar na Biblioteca do Consello da Cultura Galega.

Esta bolsa ten como finalidade colaborar na Biblioteca do Consello da Cultura Galega.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser diplomado ou licenciado.

-Posuír coñecementos de biblioteconomía e documentación.

Ademais poderanse ter en conta como méritos:

-Posuír coñecementos de catalogación en formato Marc.

-Posuír coñecementos de informática.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO XIII

Unha bolsa para colaborar no Centro de Documentación do Consello da Cultura Galega.

Esta bolsa ten como finalidade colaborar na elaboración do Censo Cultural de Galicia que se está elaborando no Consello da Cultura Galega.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado universitario, no ámbito das ciencias sociais e das humanidades.

Ademais poderanse ter en conta como méritos:

-Posuír coñecementos de análise de contido, catalogación e busca documental.

-Posuír coñecementos de informática, especialmente en elaboración e tratamento de bases de datos.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.

ANEXO XIV

Unha bolsa para colaborar na Área de Publicacións do Consello da Cultura Galega.

Esta bolsa ten como finalidade colaborar na Área de Publicacións do Consello da Cultura Galega.

Contía: 90.000 ptas./mes.

Requisitos específicos dos solicitantes:

Para solicita-la bolsa a que se refire a presente convocatoria é necesario, ademais de reuni-los requisitos xerais establecidos na base cuarta desta resolución:

-Ser licenciado en filoloxía galega.

Ademais poderanse ter en conta como méritos:

-Ter experiencia na traducción e corrección lingüística.

-Posuír coñecementos de informática.

Lugar e horario de colaboración: Consello da Cultura Galega, en horario de mañá ou tarde.