Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 18 de setembro de 2000 Páx. 13.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 3 de agosto de 2000, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan acordos de finalización do procedemento de taxación pericial contradictoria pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Edelmiro Rúa Gómez).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de finalización do procedemento de taxación pericial contradictoria pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38 ent., Ourense, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó de vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 3 de agosto de 2000.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

Interesado: Edelmiro Rúa Gómez.

DNI: 34.644.466-Y.

Domicilio: Serra Martiña, 41-1º D (Ourense).

Procedemento: finalización TPC.

Expediente 601/1990.