Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 18 de setembro de 2000 Páx. 13.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a execución das obras de reordenación e mellora das prazas Maior e García Barbón en Verín (Ourense).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo. Edificios administrativos San Caetano. 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Número de expediente: 00-04-OR.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: execución das obras contidas no proxecto de reordenación e mellora das prazas Maior e García Barbón en Verín (Ourense).

b) Lugar de execución: termo municipal de Verín (Ourense).

c) Prazo de execución: doce (12) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: cento dez millóns sesenta e dúas mil catro (110.062.004) pesetas (661.485,97 euros).

5. Garantías:

Provisional: esixirase unha fianza provisional de dous millóns duascentas unha mil duascentas corenta (2.201.240) pesetas (13.229,7 euros), segundo o definido na letra H do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares. (Dispensarase desta fianza a quen acredite a clasificación requirida na orde do Ministerio de Economía e Facenda do 11 de abril de 1996).

Definitiva: esixirase unha fianza definitiva de catro millóns catrocentas dúas mil catrocentas oitenta (4.402.480) pesetas (26.459,44 euros), segundo o definido na letra I do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información:

6.A. Obtención de documentación: Copynino, rúa Xeneral, Pardiñas, nº 2. 15701-Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono: 981 58 89 38.

O custo total para adquiri-la copia de toda a documentación ascende a cinco mil seiscentas corenta (5.640) pesetas (IVE incluído) (33,90 euros).

6.B. Obtención de información:

a) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.

a) Enderezo: edificios administrativos San Caetano. 15704-Santiago de Compostela. (A Coruña). Teléfono: 981 54 43 71/981 54 43 82.

Telefax: 981 54 43 43/981 54 53 35.

b) Data límite de obtención de documentos e información: ata o vixésimo sexto día contado a partir do seguinte a aquel no que se produza a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo: C), subgrupo: 6, categoría: d); grupo: G), subgrupo: 6, categoría: d).

b) Outros requisitos: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día contado a partir do seguinte a aquel no que se produza a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

2ª Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

3ª Localidade e código postal: 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

e) Admisión de variantes (concurso): ver punto 2.1.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas:

Acto público, na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano, Santiago de Compostela (A Coruña), ás 10 horas do décimo día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do seguinte a aquel no que finalice a presentación de ofertas.

10. Outras informacións:

Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos do anuncio:

Os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda