Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 18 de setembro de 2000 Páx. 13.095

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (102/2000).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 102/2000 se dictou cédula de citación, cun teor literal que é como segue:

Cédula de citación:

O maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de

Compostela acordou citar a Antonio Coya Zapata, co fin de que o vindeiro día 5 de outubro de 2000, ás 13.30 horas, asista na sala de vistas número dous deste xulgado, sita no primeiro piso, ó xuízo de faltas arriba indicado, seguido por ameazas, en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba de que intente valerse (testemuñas, documentos, peritos) e que poderá acudir asistido de letrado, aínda que este non é preceptivo.

Apercíboo de que, de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, poderáselle impor unha multa e recaer sobre el o prexuízo ó que houber lugar en dereito e que, en caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tivese, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

E para que conste e lle sirva de citación a Antonio Coya Zapata, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o vintecinco de agosto de dous mil.

O secretario

Rubricado