Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 18 de setembro de 2000 Páx. 13.095

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de notificación (480/1997).

Carballo a vintecatro de agosto de dos mil, Victoria Eugenia Moyano Ruiz de Alegría, secretaria deste xulgado, fai constar que con data do 16 de xaneiro de 1998, se dictou sentencia no xuízo de faltas 480/1997, seguido por ameazas, coa parte dispositiva seguinte:

Que debo resolver e absolvo libremente a José Antonio Lema Martínez, da falta da que se acusaba, con imposición das custas de oficio.

Así o fago constar e expido esta cédula para a súa notificación ó denunciante, que se fará mediante inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia, informando de que contra a sentencia cabe interpor recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días perante este xulgado, conforme o disposto nos artigos 976, 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

A secretaria

Rubricado