Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 18 de setembro de 2000 Páx. 13.095

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 36 do grupo IV (auxiliar de museos) (lista B) publicada por Resolución do 11 de agosto de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 166, do 28 de agosto).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 36 do grupo IV (auxiliar de museos) (lista B) publicada por Resolución do 11 de agosto de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 166, do 28 de agosto), esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicadas no sentido de:

-Incluír a Higinio Rodríguez Fernández, con DNI nº 32.765.069, no ámbito xeográfico U0000 co número de orde 8, cunha puntuación de 3,150 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública