Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 18 de setembro de 2000 Páx. 13.094

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 34 do grupo III (especialista de oficios (debuxante)) (lista B) publicada por Resolución do 9 de agosto de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 168, do 30 de agosto).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 34 do grupo III (especialista de oficios (debuxante)) (lista B) publicada por Resolución do 9 de agosto de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 168, do 30 de agosto), esta dirección xeral, en aplicación do

establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicadas no sentido de:

-Incluír a Marta María Cancio Martínez, con DNI nº 77.592.509, no ámbito xeográfico U0000 co número de orde 1, cunha puntuación de 5,000 puntos.

-Incluír a Rubén Iglesias Lombao, con DNI nº 33.337.170, no ámbito xeográfico U0000 co número de orde 4, cunha puntuación de 1,280 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública