Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 18 de setembro de 2000 Páx. 13.094

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 3 do grupo III (controlador pecuario, axudante técnico/a pecuario) (lista B) publicada por Resolución do 11 de agosto de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 166, do 28 de agosto).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 3 do grupo III (controlador pecuario, axudante técnico/a pecuario) (lista B) publicada por Resolución do 11 de agosto de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 166, do 28 de agosto), esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicadas no sentido de:

-Incluír a José Carlos Vega Iglesias, con DNI nº 33.330.265, no ámbito xeográfico D0000 co número de orde 1 e no ámbito xeográfico D2700 co número de orde 1, en todos eles cunha puntuación de 0,000 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública