Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 18 de setembro de 2000 Páx. 13.094

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 3 do grupo V (ordenanza e outros) (lista B) publicada por Resolución do 4 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 137, do 14 de xullo).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 3 do grupo V (ordenanza e outros) (lista B) publicada por Resolución do 4 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 137, do 14 de xullo), esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicadas no sentido de:

-Incluír a María Soledad Lago García, con DNI nº 36.079.762, no ámbito xeográfico X3601 co número de orde 83, no ámbito xeográfico X3602 co número de orde 50, no ámbito xeográfico X3603 co número de orde 76, no ámbito xeográfico X3604 co número de orde 68, no ámbito xeográfico X3605 co número de orde 67, no ámbito xeográfico X3606 co número de orde 145, no ámbito xeográfico X3607 co número de orde 91, no ámbito xeográfico X3608 co número de orde 66, no ámbito xeográfico X3609 co número de orde 155 e no ámbito xeográfico X3610 co número de orde 114, en todos eles cunha puntuación de 0,500 puntos.

-Incluír a Mª Engracia Lodeiro Ares, con DNI nº 76.395.034, no ámbito xeográfico X1506 co número de orde 103 e no ámbito xeográfico X1512 co número de orde 64, en todos eles cunha puntuación de 1,000 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública