Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 15 de setembro de 2000 Páx. 13.049

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 28 de agosto de 2000, do Servicio Provincial de Ourense, de notificación da resolución do recurso do expediente sancionador simplificado 32035/1998 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro) da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a empresa relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica) a resolución do recurso do expediente sancionador simplificafo nº 32035/1998, por infracción en materia do consumidor.

Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circuncrición onde teña o domicilio ou teña a sede o órgano autor do acto orixinario, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte día ó da notificación. Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela; noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o día cinco do mes seguinte ou inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e derradeiro de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou do inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 32035/1998.

Inculpado: Inmobiliaria Roan, S.L.

Enderezo: r/ Pena Corneira nº 5, bx. (Ourense).

Sanción e motivo: cen mil pesetas (100.000 ptas.). Irregularidades na información venda de vivendas.

Data da resolución: 20-6-2000.

Ourense, 28 de agosto de 2000.

Antonio Aguarón Turrientes

Xefe do Servicio Provincial do Instituto Galego de Consumo