Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 15 de setembro de 2000 Páx. 13.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2000 pola que se anuncia concurso público aberto urxente para a contratación de material de papelería impresa para o Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación da subministración de material de papelería impresa para o Igape.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), complexo administrativo San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, tfno.: 981 54 11 01, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: C.P. 16/2000.

2. Obxecto do contrato: subministración do material de papelería impresa para o Igape, desagregados nos 16 lotes que seguidamente se relacionan:

Imprenta. Papelería.

LoteUnidade

Estimat.

Descrición do productoPrezo unitario

máximo

Prezo máximo

do lote

1150.000Cartas t./210x297 mm, papel verxurado branco 80 gr/m, impresas a 4 tintas (logo a esq.)8,501.275.000

2100.000Cartas t./210x297 mm, papel verxurado branco 80 gr/m, impresas a 4 tintas (logo a dta.)8,50850.000

31.000Cartas t./220x160 mm, papel verxurado branco 100 gr/m, impresas a 4 tintas (saúdas)40,0040.000

42.000Sobres t./120x175 mm, verxurado branco 120 gr, impreso a 4 tintas (saúdas)33,0066.000

510.000Sobres t./110x220 mm, con peche autodex, impresos por anverso a 4 tintas e por reverso a 127,50275.000

65.000Sobres t./110x220 mm, con peche autodex, impresos por anverso a 4 tintas e por reverso a 1, con ventá17,0085.000

740.000Sobres t./190x250 mm, con peche autodex, impresos por anverso a 4 tintas e por reverso en solapa a 1 tinta18,50740.000

820.000Bolsas t./250x353 mm, con peche autodex, impresos por anverso a 4 tintas e por reverso a 133,00660.000

95.000Bolsas t./260x360 mm, con peche autodex, anverso e reverso a 1 tinta, kraft natural, fol por tres lados115,00575.000

1015.000Tarxetas de visita t./90x55mm cart. verxurada de 220 gr/m, c/ branco a 4 tintas (1 logo)15,50232.500

1110.000Tarxetas de visita t./90x55 mm, cart. verxurada de 220 gr/m c/ branco a 5 tintas (2 logos)22,00220.000

122.000Tarxetóns t./160x110 mm en cartolina verxurada 220 gr/m, c/ branco, a 4 tintas31,0062.000

1320.000Carpetas t./320x460 mm pregadas, en cart. branca 224 gr/m, a 4 tintas23,50470.000

141.000Carpetas t./320x440 mm pregadas, en cart. estucada branca 240 gr/m, a 4 tintas, con ventá e troquel para grampas84,0084.000

15500Cartolinas mate t./210x297 mm, 240 gr/m, impresas a 4 tintas96,0048.000

16ImpresosSegundo preg.

prescri. técn.

3.917.200

O contrato executarase de forma sucesiva segundo as necesidades do Igape, de conformidade co artigo 173.1º a) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo de execución: segundo oferta técnica.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 9.599.700 ptas. (nove millóns cincocentas noventa e nove mil setecentas pesetas), imposto sobre o valor engadido (IVE) incluído, distribuído por lotes e unidades tal como se indica no cadro inserido no epígrafe 2.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación dos lotes ós que se concorra.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do oitavo día natural

seguinte á publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela, en acto público ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas, procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público, ás 12 horas do cuarto día hábil seguinte da apertura da documentación administrativa e técnica, procederase á apertura das ofertas económicas. De coincidiren en sábado os días sinalados, a apertura trasladarase ó día hábil seguinte.

9. Os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de

Promoción Económica