Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 15 de setembro de 2000 Páx. 13.049

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 18 de agosto de 2000, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente de desafiuzamento por ocupación sen título legal, DT-003/00, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), intentada a notificación no domicilio do interesado (que se relaciona no anexo), sen que esta se puidese practicar, notifícaselle a proposta da resolución do expediente de desafiuzamento por ocupación sen título legal, DT-003/00, incoado ó abeiro do disposto no artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de vivendas de protección oficial e no artigo 138.2º do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento das vivendas de protección oficial.

O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta cédula, para formular alegacións e presenta-los documentos e xustificantes que estime convenientes.

Así mesmo, poderá examina-lo expediente na Sección de Inspección e Sancións desta área provincial, sita na rúa Alcalde Hevia, número 7 de Pontevedra.

Contra esta proposta non será admisible recurso ningún, por constituír un mero acto de trámite.

Expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 18 de agosto de 2000.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: DT-003/00.

Nome: Manuel Feijoo Ferreira.

Feito que se imputa: ocupa-la vivenda identificada como expte. admvo. PO-1-CD/71, conta 726, sen título legal para iso.

Notificación persoal: ausente 31-7-2000 (12 horas); 1-8-2000 (11.50 horas).

Último enderezo coñecido: r/ Cuntis, nº 8, 5º D (Vigo).