Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 15 de setembro de 2000 Páx. 13.014

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 14 de setembro de 2000 pola que se determinan os servicios mínimos que hai que manter durante a folga convocada na empresa Ideal Auto, S.A. (IASA) na provincia de Lugo.

Ante a convocatoria de folga presentada na empresa Ideal Auto, S.A. (IASA) na provincia de Lugo a partir das 0 horas do día 18 de setembro de 2000, con carácter indefinido, procede que, de conformidade co establecido no artigo 3 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, esta consellería determine os servicios mínimos que permitan, en sintonía co establecido no artigo 28.2º da nosa Constitución, compaxina-lo exercicio lexítimo de dereito á folga dos traballadores co mantemento dos servicios esenciais á comunidade.

Na súa virtude e de conformidade co establecido no Decreto 6/1985, do 18 de abril, e no Decreto 155/1988, do 9 de xuño,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Os servicios mínimos que deberán manterse durante a folga convocada na empresa Ideal Auto, S.A. na provincia de Lugo serán os seguintes:

a) Servicios concesionais:

1. Concesión: V-3044:C-LU-114.

Concesionario: Ideal Auto, S.A.

* Lugo-A Coruña (por autovía).

Saídas de Lugo: 8 h e 20.30 h.

Saídas da Coruña: 8 h e 18.30 h.

* Ribadeo-A Coruña (por Mondoñedo-Vilalba e autovía):

Saída da Coruña: 8 h.

Saída de Ribadeo: 18.15 h.

* Ribadeo-A Coruña (por Meira e Lugo):

Saída de Ribadeo: 8.45 h.

Saída da Coruña: 18.15 h.

* Lugo-Ribadeo:

Saída de Lugo: 19.45 h.

* Lugo-Viveiro (por Gaibor, Vilalba e Foz):

Saída de Viveiro: 7.30 h.

Saída de Lugo: 18.00 h.

2. Concesión: V-1663: XG-108.

Concesionario: Ideal Auto, S.A.

* Ferrol-Lugo:

Saída de Ferrol: 7.30 h.

Saída de Lugo: 18.30 h.

* Vilalba-Baamonde-Cabra-Guitiriz-Parga-Baamonde-Lugo:

Saída de Lugo: 7 h.

b) Servicios regulares de uso especial para transporte de obreiros:

Tódolos servicios nas expedicións anteriores ás 9.00 h e posteriores ás 18.00 h.

C) Servicios regulares de uso especial para transporte de escolares e estudiantes.

Deberán manter tódolos servicios de escolares e estudiantes nas expedicións normalmente establecidas de luns a venres.

Artigo 2º

O incumprimento da obriga de atende-los servicios mínimos fixados nesta orde será sancionado de conformidade coa lexislación vixente.

Artigo 3º

O disposto na presente orde non suporá ningunha limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lles recoñece ós traballadores.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2000.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda