Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 15 de setembro de 2000 Páx. 13.008

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 14 de setembro de 2000 pola que se dictan normas para garanti-los servicios esenciais durante a folga convocada con carácter indefinido a partir do día 18 de setembro de 2000, no sector do transporte público de viaxeiros por estrada, na provincia da Coruña.

O exercicio do dereito de folga queda condicionado ó mantemento dos servicios esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20).

O artigo 3 do devandito decreto faculta os conselleiros competentes por razón dos servicios esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, determinen o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento dos ditos servicios, e o persoal preciso para prestalos.

As centrais sindicais Confederación Intersindical Galega, Comisións Obreiras e Unión Xeral de Traballadores, convocaron unha folga desde as cero horas do vindeiro 18 de setembro de 2000, de carácter indefinido, no sector do transporte público de viaxeiros por estrada, na provincia da Coruña.

A necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servicios esenciais obriga a Administración autonómica, de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servicios mínimos indispensables para o funcionamento dos servicios esenciais que se concretan e xustifican na presente orde.

Así pois, establécense servicios mínimos respecto a sectores e actividades nos que a regulación é competencia da Xunta de Galicia e que poden afecta-lo desenvolvemento ordinario da actividade cidadá.

Os servicios mínimos que se establecen non son senón a concreción dos criterios establecidos no decreto polo que se regulan os servicios mínimos en transportes, debendo terse en consideración o feito de que o transporte público constitúe un servicio público esencial para a comunidade e que as folgas nel, se non se regulan con extremo coidado os servicios mínimos, inciden de forma desproporcionada no conxunto da poboación e afectan a outros dereitos esenciais da colectividade coma o dereito á educación e ó traballo.

A Constitución de 1978, no seu artigo 27.1º, establece o dereito fundamental de todos á educación, e no punto 4º sinala que a educación básica é obrigatoria e gratuíta.

A Lei orgánica de ordenación do sistema educativo recolle no seu artigo 65.2º o mandato ós poderes públicos para presta-lo servicio de transporte escolar que se realiza por empresas de autobuses.

O mantemento de tódalas rutas xorde da indivisibilidade deste dereito á educación, que abrangue por igual a todos, non podendo establecer diferencias de ningún tipo.

A esencialidade deste servicio respecto do dereito á educación faise aínda máis visible na nosa comunidade como consecuencia da dispersión poboacional, e polo tanto da gran parte da poboación educativa que se traslada diariamente por este medio.

Na súa vitude e de conformidade co establecido no Decreto 61/1985, do 18 de abril, e no Decreto 155/1988, do 9 de xuño,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Con carácter xeral o mínimo de actividade e o persoal preciso para asegura-lo mantemento dos servicios esenciais durante a folga convocada a partir das cero horas do día 18 de setembro de 2000, con carácter indefinido, no sector do transporte público de viaxeiros por estrada, na provincia da Coruña, é o seguinte:

A) Servicios concesionais:

Nº concesión: V-0052; XG-001.

Concesionario: Francisco Candocia Villadóniga.

* Ferrol-praia da Frouxeira, por Sedes.

Saídas de Ferrol 9.00 horas e 20.15 horas.

Saídas praia 7.45 e 19.30 horas.

Nº concesión: V-0152: XG.007.

Concesionario: Hedegasa, S.L.

* Santiago (rúa da Rosa)-O Milladoiro-As Galanas-Balcaide-Ameneiro-Casalonga-Firminstáns.

Saídas de Santiago 7.00; 8.00; 18.00; 19.00; e 20.00 horas.

Saídas de Firminstáns 7.30; 8.30; 18.30; 19.30 e 20.30 horas.

* Santiago (rúa da Rosa)-O Milladoiro-A Magdalena-A Grela-Viduído de Abaixo-Raíces.

Saídas de Santiago 8.15 e 20.15 horas.

* Raíces-Viduído de Abaixo-Viduído de Arriba-Paramuíño-Ventín-A Magdalena-O Milladoiro-Santiago (rúa da Rosa).

Saídas de Raíces 7.45 e 19.45 horas.

* Santiago (rúa da Rosa)-O Milladoiro-Soláns-Luou.

Saídas de Santiago 7.45 e 18.45 horas.

Luou-San Xoán de Calo-Carballal-As Galanas-O Milladoiro-Santiago (rúa da Rosa).

Saídas de Luou 7.15 e 19.15 horas.

* Santiago (E. Autobuses)-O Milladoiro-Solláns-Luou-Casal de Reis.

Saídas de Santiago 8.30 e 20.10 horas.

Saídas de Casal de Reis 7.50 e 19.00 horas.

* Santiago (E. autobuses)-Solláns-Luou-Espasande-Regoufe-A Silva.

Saída de Santiago 20.10 horas.

Saída da Silva 7.45 horas.

Concesión: V-1129: XG 064.

Concesionario: Autocares Eliseo Pita, S.A.

* A Coruña-Sada por Fontán.

Saídas da Coruña 8.30 e 20.30 horas.

Saídas de Sada 7.30 e 19.30 horas.

Concesión: V-1598: XG-100.

Concesionario: Autos Grabanxa, S.L.

* Oza dos Ríos-Santiago.

Saída de Oza dos Ríos 6.45 horas.

Saída de Santiago 18.30 horas.

* Mesía-Santiago por Xanceda, Frades e C. de Beán.

Saída de Mesía 7.45 horas.

Saída de Santiago 18.00 horas.

* Santiago-Santiago, por Polígono do Tambre, Son de Arriba, Son de Abaixo e Vilares.

Saída de Santiago 8.30 horas.

Concesión: V-1682: XG-112.

Concesionario: Trolebuses Coruña-Carballo, S.A.

* A Coruña-Suevos.

Saídas da Coruña 7.15 horas e 20.15 horas.

Saídas de Suevos 7.45 e 19.45 horas.

* A Coruña-Boedo.

Saídas da Coruña 8.00 e 19.15 horas.

Saídas de Boedo 9.00 e 20.15 horas.

* A Coruña-Loureda.

Saídas da Coruña 7.20 e 18.30 horas.

Saídas de Loureda 7.00 e 19.15 horas.

Concesión V-2214: XG-203.

Concesionario: Orons Bus, S.L.

* A Coruña-Canzobre.

Saída da Coruña 20.00 horas.

Saída de Canzobre 7.30 horas.

Concesión: V-3013: XG-338.

Concesionario: Modesto Riveiro Berdullas.

* A Graña-Amañecida-Santiago.

Saída da Graña-Amañecida 7.15 horas.

Saída de Santiago 19.10 horas.

Concesión:V-7022: XG-396.

Concesionario: Castromil, S.A.

* Santiago-Ferrol, por Ordes, Mesón do Vento e Betanzos.

Saídas de Santiago 9.15 e 21.00 horas.

Saídas de Ferrol 8.30 e 18.30 horas.

* Santiago-Cambados-O Grove-A Toxa.

Saídas de Santiago 10.30 horas e 20.30 horas.

Saídas da Toxa 7.30 horas e 19.00 horas.

* A Coruña-Vigo por A-9.

Saídas da Coruña 8.00 e 20.00 horas.

Saídas de Vigo 10.30 horas e 20.30 horas.

* A Coruña-Santiago, por N-550.

Saídas da Coruña 10.00 e 21.00 horas.

Saídas de Santiago 8.00 e 21.00 horas.

* Santiago-Vigo, por N-550.

Saídas de Santiago 12.00 e 20.00 horas.

Saídas de Vigo 8.00 e 20.00 horas.

* A Coruña-Muros.

Saídas da Coruña 12 e 19.00 horas.

Saídas de Muros 11.00 e 17.00 horas.

* Santiago-Noia.

Saída de Santiago 21.00 horas.

Saída de Noia 7.30 horas.

* Santiago-Ourense.

Saídas de Santiago 8.30 e 19.00 horas.

Saidas de Ourense 7.15 e 18.15 horas.

* Ferrol-Santiago-Vigo por A-9.

Saídas de Ferrol 8.30 e 20.30 horas.

Saídas de Vigo 7.30 e 19.30 horas.

Concesión: V-7026: XG-400.

Concesionario: Hermanos Ferrín, S.L.

* Santiago-A Picaraña.

Saídas de Santiago 7.25 e 20.15 horas.

Saídas da Picaraña 6.45 e 19.15 horas.

* Santiago-Casalonga.

Saídas de Santiago 7.30 e 20.00 horas.

Saídas de Casalonga 7.00 e 20.45 horas.

* Santa Comba-Santiago.

Saídas de Santa Comba 7.30 e 18.00 horas.

Saídas de Santiago 9.30 e 19.30 horas.

* Muxía-Santiago.

Saída de Muxía 7.15 horas.

Saída de Santiago 18.00 horas.

* Outes-Santiago.

Saída de Outes 7.30 horas.

Saída de Santiago 18.00 horas.

Concesión: V-7032: XG-406.

Concesionario: Empresa Gómez de Mesía, S.L.

* A Coruña-Vila de Cruces.

Saída daCoruña 18.00 horas.

Saídas de Vila de Cruces 7.15 horas.

Concesión: V-7037:XG-411.

Concesionario: Autos S. Vázquez, S.L.

* A Coruña-Montouto.

Saídas da Coruña 8.00 e 21.30 horas.

Saídas de Montouto 7.15 e 19.30 horas.

* A Coruña-S. Pedro de Présaras.

Saídas da Coruña 18.00 horas.

Saídas de S. Pedro de Présaras 7.00 horas.

Concesión: V-7045: XG-419.

Concesionario: Ruta Bus, S.A.

* Lema-A Coruña.

Saídas de Lema 6.00 horas.

Saídas da Coruña 19.00 horas.

* A Coruña-Carballo, por Noicela e Vilela.

Saídas da Coruña 8.00 horas.

Saídas de Carballo 17.45 horas.

Concesión V-7041: XG-415.

Concesionario: Rías Altas, S.A.

* Ferrol-A Graña.

Saídas de Ferrol 8.30 e 19.30 horas.

Saídas da Graña 8.00 e 20.00 horas.

* Ferrol-Residencia-Catabois.

Saídas de Ferrol 8.30 horas.

Saídas de Catabois 9.00 horas.

* Ferrol-Cedeira por Castro.

Saídas de Ferrol 9.30 e 20.00 horas.

Saídas de Cedeira 7015 e 18.30 horas.

* Ferrol-Doniños-San Xurxo da Mariña.

Saídas de Ferrol 8.30 e 20.30 horas.

Saídas de San Xurxo da Mariña 7.50 e 19.00 horas.

* Ferrol-Vilaboa, por Meirás.

Saída de Ferrol 18.30 horas.

Saída de Vilaboa 19.30 horas.

* Ferrol-Residencia-San Mateo de Trasancos.

Saídas de Ferrol 8.30 e 19.30 horas.

Saídas de San Mateo 9.00 horas e 20.00 horas.

* Ferrol-Covas.

Saídas de Ferrol 8.30 e 20.30 horas.

Saídas de Covas 9.00 e 21.00 horas.

Concesión: 2281: XG-208.

Concesionario: Autocares Capela, S.L.

* Faeira-Ferrol.

Saídas de Faeira 7.00 horas.

Saídas de Ferrol 18.00 horas.

Concesión V-1623: XG-104.

Concesionario: Empresa Seoane, S.L.

* Santiago-San Cristovo de Merín.

Saídas de Santiago 19.30 horas.

Saídas de San Cristovo de Merín 8.00 horas.

Concesión: V-1981: XG-160.

Concesionario: Empresa Seoane, S.L.

* Ponte de Sarandón-Santiago.

Saída de Ponte Sarandón 7.35 horas.

Saída de Santiago 19.30 horas.

Concesión: V-3131: XG-349.

Concesionario: Autocares Salvado, S.A.

* Chorén-Barazón-Arzúa-A Coruña.

Saída de Chorén-Barazón 6.15 horas.

Saída da Coruña 18.00 horas.

Concesión: V-3263: XG-363.

Concesionario: Autos Bustelo, S.L.

* Rois-Santiago.

Saídas de Rois 7.00 e 20.00 horas.

Saídas de Santiago 8.00 e 21.00 horas.

Concesión: V-2958: XG-334.

Concesionario: Trap, S.A.

* Ortoño-Santiago.

Saídas de Ortoño 7.00 e 19.15 horas.

Saídas de Santiago 7.45 e 20.15 horas.

Concesión: V-1574: XG-097, V-3324: XG-371, V-7009: XG-383.

Concesionario: Transp. Finisterre, S.A.

* Anzobre-A Coruña.

Saídas de Anzobre 8.10 horas.

Saídas da Coruña 19.25 horas.

* A Coruña-Muxía.

Saída de Muxía 7.00 horas.

Saída da Coruña 18.00 horas.

* A Coruña-Muros.

Saída de Muros 6.45 horas.

Saída da Coruña 18.30 horas.

* A Coruña-Fisterra.

Saídas da Coruña 8.15 e 19.10 horas.

Saídas de Fisterra 7.30 e 18.45 horas.

* A Coruña-Camariñas.

Saída da Coruña 18.30 horas.

Saída de Camariñas 6.30 horas.

* A Coruña-Malpica de Bergantiños.

Saída de Malpica 8.00 horas.

Saída da Coruña 19.00 horas.

* A Coruña-Corme.

Saída da Coruña 20.30 horas.

Saída de Corme 7.10 horas.

* A Coruña-Pino de Val-Oliveiroa.

Saída de Oliveiroa 7.30 horas.

Saída da Coruña 17.45 horas.

* A Coruña-Borneiro.

Saída de Borneiro 6.00 horas.

Saída da Coruña 19.30 horas.

* A Coruña-Carballo.

Saídas de Carballo 7.00 e 19.30 horas.

Saídas da Coruña 8.00 e 20.30 horas.

* A Coruña-Arteixo.

Saídas de Arteixo 8.45 e 19.00 horas.

Saída da Coruña 7.45 horas.

* Grixoa-Santiago de Compostela.

Saída de Grixoa 6.30 horas

Saída de Santiago de Compostela 19.30 horas.

* Fisterra-Santiago de Compostela.

Saída de Fisterra 16.00 horas.

Saída de Santiago de Compostela 8.00 horas.

Concesión:V-7026/1: XG-400.

Concesionario: Ideal Auto, S.A.

* Aguiño-Rianxo-Santiago de Compostela.

Saída de Aguiño 8.00 horas.

Saída de Santiago de Compostela 19.00 horas.

* Ribeira-O Araño-Santiago de Compostela.

Saídas de Ribeira 7.30 e 19.00 horas.

Saídas de Santiago de Compostela 8.00 e 21.00 horas.

* Ribeira-Rianxo-Santiago de Compostela.

Saída de Ribeira 8.30 e 20.00 horas.

Saídas de Santiago de Compostela 7.00 e 20.00 horas.

Concesión V-7030: XG-404.

Concesionario: Ideal Auto, S.A.

* Ferrol-A Coruña (por autoestrada).

Saídas de Ferrol 7.30 e 18.30 horas.

Saídas da Coruña 7.30 e 19.30 horas.

* Ferrol-A Coruña (polas Pías, A Gallada e O Pedrido).

Saídas de Ferrol 7.00 e 19.00 horas.

Saídas da Coruña 9.00 e 21.00 horas.

* Ferrol-A Coruña (por Neda, A Gallada e O Pedrido).

Saídas de Ferrol 8.00 e 20.00 horas.

Saídas da Coruña 8.00 e 20.00 horas.

* Ferrol-As Somozas (por Ferreira).

Saídas das Somozas 6.40 horas.

* Ferrol-Ares (por Mugardos).

Saída de Ares 18.05 horas.

* Ferrol-Mugardos.

Saídas de Ferrol 8.00 e 19.00 horas.

* Ferrol-Ares.

Saídas de Ferrol 6.30 (parador) e 19.30 horas.

Saídas de Ares 7.50 horas.

* Ferrol-Ares-Mugardos.

Saídas de Mugardos 8.35; 18.35; e 20.30 horas.

* Ferrol-Mugardos (polo Seixo).

Saída de Ferrol 22.30 horas.

* Chanteiro-Ferrol.

Saída de Chanteiro 7.30 horas.

* A Coruña-Ourense (por Melide).

Saída da Coruña 8.00 horas.

Saída de Ourense 8.00 e 19.00 horas.

* Ferrol-A Coruña-Lalín-Ourense.

Saída de Ferrol 8.30 horas.

* Santiago de Compostela-Burela.

Saída de Burela 6.40 horas.

Saída de Santiago de Compostela 19.30 horas.

* A Coruña-Sobrado (por A-9, Montesalgueiro e A Castellana).

Saída da Coruña 18.00 horas.

Saída de Sobrado 7.45 horas.

* A Coruña-Betanzos (por A-9).

Saída da Coruña 19.30 horas.

Saída de Betanzos 19.00 horas.

* A Coruña-Betanzos.

Saídas da Coruña 7.00 (pol. Bergondo), 8.00; 19.00 e 21.00 horas.

Saídas de Betanzos 7.00; 8.00; 19.00 e 21.00 horas.

* Ponte da Pedra-Miño-Betanzos-A Coruña.

Saída de Ponte da Pedra 7.00 horas.

* A Coruña-Viveiro (polas Pontes de García Rodríguez).

Saída de Viveiro 6.30 horas.

Saída da Coruña 18.00 horas.

* A Coruña-Viveiro (polo Pedrido, Laraxe e As Pías).

Saída da Coruña 6.30 horas.

Saída de Viveiro 19.30 horas (por Betanzos).

* Ferrol-Santiago de Compostela (por A-9 en Cabanas).

Saídas de Ferrol 6.35 e 19.00 horas.

Saídas de Santiago de Compostela 19.30 horas.

* Ferrol-Santiago de Compostela (por A-9 en Guísamo).

Saída de Ferrol 8.00 horas.

Saída de Santiago de Compostela 18.30 horas.

* Ferrol-Viveiro.

Saída de Ferrol 19.00 horas.

* Ortigueira-Ferrol.

Saída de Ortigueira 6.45 horas.

Concesión V-3044: C-LU-114.

Concesionario: Ideal Auto, S.A.

* Lugo-A Coruña (por autovía).

Saídas de Lugo 8.00 e 20.30 horas.

Saídas da Coruña 8.00 e 18.30 horas.

* Ribadeo-A Coruña (por Mondoñedo, Vilalba e autovía).

Saída da Coruña 8.00 horas.

Saída de Ribadeo 18.15 horas.

* Ribadeo-A Coruña (por Meira e Lugo).

Saída de Ribadeo 8.45 horas.

Saída da Coruña 18.15 horas.

* Lugo-Ribadeo.

Saída de Lugo 19.45 horas.

* Lugo-Viveiro (por Gaibor, Vilalba e Foz).

Saída de Viveiro 7.30 horas.

Saída de Lugo 18.00 horas.

* Lugo-Viveiro (por Foz).

Saída de Lugo 9.15 horas.

Concesión V-1663: XG-108.

Concesionario: Ideal Auto, S.A.

* Ferrol-Lugo.

Saída de Ferrol 7.30 horas.

Saída de Lugo 18.30 horas.

* Vilalba-Baamonde-Cabra-Guitiriz-Parga-Baamonde-Lugo.

Saída de Lugo 7.00 horas.

Concesión V-7006: XG-380.

Concesionario: Autocares Antonio Vázquez, S.A.

* Paderne-A Coruña.

Saída de Paderne 6.45 horas.

Saída da Coruña 19.30 horas.

Concesión V-7007: XG-381.

Concesionario: Autos Cal Pita, S.A.

* A Coruña-Sta. Cruz-Arillo-Rialta-Sada.

Saídas da Coruña 7.25 e 19.25 horas.

Saídas de Sada 7.00 e 20.25 horas.

* A Coruña-Oleiros.

Saídas da Coruña 8.10 e 20.10 horas.

Saídas de Oleiros 7.40 e 20.40 horas.

* A Coruña-San Pedro.

Saídas da Coruña 7.00; 8.00; 8.30; 8.45; 18.00; 18.30; 19.00; 19.30; 20.00 e 20.30 horas.

Saídas de San Pedro 7.30; 8.00; 8.30; 18.30; 19.00; 19.30; 20.00; 20.30 e 20.45 horas.

Concesión: V-7034: XG-408.

Concesionario: Automóviles Sigrás-Carral, S.A. (Asicasa).

* A Coruña- S. Vicente de Vigo.

Saídas da Coruña 8.55 e 20.55 horas.

Saídas de S. Vicente de Vigo 8.40 e 20.45 horas.

* A Coruña-Cerceda.

Saída da Coruña 19.30 horas.

Saída de Cerceda 6.30 horas.

* Orro-Alvedro-Culleredo-A Coruña.

Saída de Orro 8.20 horas.

Saída da Coruña 18.30 horas.

* A Coruña-Vilaboa-Sigrás.

Saídas da Coruña 6.15; 7.15; 8.15; 18.45; 19.45 e 20.45 horas.

Saídas de Sigrás 7.45; 8.45; 19.15 e 20.15 horas.

* A Coruña-Cambre.

Saídas da Coruña 7.00; 8.00; 8.30; 19.00; 20.00 e 20.30 horas.

Saídas de Cambre 7.30; 8.30; 19.30 e 20.30 horas.

Concesión: V-7027: XG-401.

Concesionario: Autos Carballo, S.A.

* Carballo-Santiago.

Saídas de Carballo 9.15 e 19.15 horas.

Saída de Santiago 7.30 horas.

* A Laracha-Santiago.

Saída da Laracha 7.00 horas.

Saída de Santiago 19.30 horas.

Concesión: V-7002: XG-376.

Concesionario: Labacolla, S.A.

* A Coruña-Aeropuerto de Lavacolla.

Saída da Coruña 18.00 horas.

Saída do aeroporto 20.15 horas.

Non se fixan servicios mínimos nas concesións V-0065: XG-002 de Empresa Freire, S.L., V-0684: XG-043 de Castromil, S.A. e V-1110: XG-063 de Transportes Mosquera, S.A., por corresponder a outras provincias e te-lo persoal nos convenios destas.

B) Servicios regulares de uso especial para transporte de obreiros.

Deberanse manter tódolos servicios nas expedicións anteriores ás 9.00 horas e posteriores ás 18.00 horas.

C) Servicios regulares de uso especial para transprote de escolares e de estudiantes.

Deberanse manter tódolos servicios de escolares e estudiantes nas expedicións normalmente establecidas de luns a venres.

Artigo 2º

O incumprimento da obriga de atende-los servicios mínimos fixados nesta orde será sancionado de conformidade coa lexislación vixente aplicable ós diversos colectivos.

Artigo 3º

O disposto na presente orde non suporá ningunha limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ó persoal na dita situación.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2000.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda