Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 14 de setembro de 2000 Páx. 12.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o 6 de setembro de 2000, aprobou o prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación por concurso da obra de abastecemento a Baños de Molgas (obra nº 3/POL/00) o cal se expón ó público por un prazo de catro días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, para que poidan presentar reclamacións.

Simultaneamente anúnciase concurso público polo trámite urxente, se ben as licitacións se aprobarán cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o citado prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Baños de Molgas.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato. Descrición.

A execución da obra de abastecemento a Baños de Molgas (obra nº 3/POL/00), conforme o proxecto técnico redactado polo enxeñeiro de camiños Manuel Durán Fuentes. Prazo de execución por contrata e tipo de licitación: 12.153.000 ptas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Baños de Molgas.

b) Domicilio: Samuel González Movilla nº 2 Baños de Molgas (Ourense).

c) Localidade: Baños de Molgas. CP 32701.

d) Teléfono: 988 43 00 00.

e) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día do prazo para a presentación de ofertas.

6. Requisitos específicos do contratista: non se esixe clasificación.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite para a presentación de ofertas para tomar parte na citada contratación, dentro dos trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG. Se o último día fose inhábil ou sábado o prazo finalizará o primeiro hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas que rexen a citada contratación, conforme o modelo que o dito prego establece e da forma que se indica na base 19ª do prego.

c) Lugar de presentación: Concello de Baños de Molgas.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidades: Concello de Baños de Molgas.

b) Data: ás doce horas do terceiro día hábil posterior ó remate do prazo de presentación (excepto sábados).

9. Gastos de anuncio.

Os gastos do presente anuncio serán por conta do adxudicatario da obra.

Baños de Molgas, 7 de setembro de 2000.

José Carlos Sequeiros Pérez

Alcalde