Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 14 de setembro de 2000 Páx. 12.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO BARCO DE VALDEORRAS

ANUNCIO.

No BOP nº 181, do 8 de agosto de 2000, publícase a convocatoria e as bases que rexerán na oposición libre para a provisión de tres prazas de garda da policía local do Barco de Valdeorras.

O prazo para presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel no que apareza este anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta oposición publicaranse no BOP de Ourense.

O Barco de Valdeorras, 16 de agosto de 2000.

Alfredo L. García Rodríguez

Alcalde