Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 14 de setembro de 2000 Páx. 12.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión celebrada o día 16 de agosto de 2000, acordou o inicio do procedemento de tramitación do proxecto de compensación da unidade de actuación nº 31, no Petón-Meicende (Arteixo), promovido por José Mosquera Rodríguez, como secretario da xunta de compensación da UA 31 e redactado pola arquitecta María José Suárez López procedéndose en consecuencia a efectua-las notificacións que sinala o artigo 102.4º da Lei 1/1997, ó mesmo tempo sometelo a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó da aparición deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que estimen convenientes. (Expediente 28/2000. COM).

Ó mesmo tempo suspéndese o outorgamento de licencias de parcelación e edificación no ámbito da unidade de actuación nº 31 mentres o presente proxecto non sexa aprobado definitivamente.

Arteixo, 17 de agosto de 2000.

P.D (Decreto 587/1999)

Mª Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde