Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 14 de setembro de 2000 Páx. 12.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

Por resolución da alcaldía de Ames do nove de agosto de dous mil acórdase a aprobación das bases e a convocatoria para cubrir, en propiedade, polo sistema de concurso-oposición por promoción interna, unha praza de sarxento da policía local, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase sarxento da policía local, grupo C.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOE ou no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria faranse públicos, unicamente cando proceda en cada caso, no BOP da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Ames.

Ames, 16 de agosto de 2000.

O alcalde

Rubricado